Vilaboa reclama o ensanche da estrada PO-264 ao seu paso por Paredes

As condicións da estrada dificulta o tráfico de camións e turismos
photo_camera As condicións estreitas que presenta a estrada dificultan o tráfico de camións

A localidade de Paredes, en Vilaboa, está farta da situación de tráfico na estrada autonómica PO-264, que une este punto coa veciña parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.

Así o puido comprobar a parlamentaria socialista Leticia Gallego, que mantivo un encontro co alcalde de Vilaboa, César Poza, no que maduraron as iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta a mellora da seguridade na estrada autonómica tras comprobar como as condicións actuais non se adaptan ao tráfico crecente de turismos e de camións. O vial, que é sinuoso, con unha notable pendente, carece de beirarrúas e non ten anchura suficiente, asume, a diario, o tráfico duns 50 camións que saen dunha nave industrial próxima.

Os veciños denuncian que os camións, en determinados puntos non poden pasar un por outro, e tamén sucede no caso dos autobuses e os transportes. A responsable socialista pediu o ensanchamento do viario, novas beirarrúas e a conexión peonil entre a estrada autonómica e a N-550 para posibilitar a conexión coas restantes vivendas e equipamentos da vila.

Estas peticións foron trasladadas en persoa polo alcalde ao xefe territorial de Infraestruturas, que remitiu directamente á Consellería de Infraestruturas, polo que reclama unha xuntaza coa conselleira responsable para darlle traslado da situación.

Comentarios