Vilaboa recupera coa axuda do CSIC a historia das súas Salinas do Ulló

O Concello contou con fondos do Grupo de Acción Costeira que financiou o proxecto nun 95%

 

vilaboa sainas
photo_camera A presentación do novo espazo web que recolle o resultado da investigación. D. FREIRE

O Concello de Vilaboa vén de dar o paso definitivo para converter o seu principal recurso turístico e unha das máis im portantes iconas etnográficas da provincia en un produto turístico de primeiro nivel. Así o expresou o Goberno local na presentación dos resultados do proxecto de investigación para a posta en marcha dun sistema de información en realidade aumentada sobre o complexo das Salinas do Ulló e as de Larache.

O alcalde, César Poza, e a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, presentaron o resultado do traballo, que contou con dúas partes destacadas: unha completa investigación do CSIC a cargo do doutor en Historia Brais X. Currás, e unha parte práctica, na que todos os coñecementos se ordenaron nun novo espazo web exclusivo para este recurso, e nuns paneis informativos dotados con códigos QR cos que é posible des cargar a información sobre este entorno histórico en tres idiomas e acceder a imaxes en realidade aumentada nas que se recrea como foi esta explotación do sal ao longo da historia, se pode coñecer a seguinte etapa de desenvolvemento do espazo, cando pasou a mans do enxeñeiro Felipe Auguste Cazaux, no século XIX e construíu o muro exterior do entorno, que era o principal elemento do seu muíño de mareas para producir cereal e electricidade.

Fíxose un sitio web propio e reconstruiuse a historia con realidade aumentada

Tal e como explicou Gallego, o proxecto presentouse á convocatoria dos Grupos de Acción Costeira do GAL da ría de Vigo. Nel, obtivo unha máxima puntuación que o levou a contar cunha financiación do 95% do custe total. Así, dos 100.398 euros nos que foi concedido, o Concello contou con 95.368 financiados a través da FEMP (81.071,82 euros) e da Xunta (14.306,99 euros), tendo que achegar a entidade municipal a cantidade restante.

Unha guía

O obxectivo do plan era acadar unha transferencia de coñecemento, é dicir, revisar e unificar todo o material existente respecto á historia deste lugar e poñelo por escrito, tanto na web salinasdoullo.gal, como nos paneis que se ubicaron no propio entorno e nos que xa se poden des cargar por QR os datos sobre cada punto existen catro ubicacións para os mesmos. Falta unha guía que será editada pola Deputación, aclarou a concelleira.

"O que quixemos foi potenciar este recurso que é un dos nosos principais elementos turísticos, e había que levalo á web e ter un sitio acorde ao seu papel, pero trá tase de que sexa unha ferramenta útil para a difusión e para os visi tantes, que cada vez botan máis man dos móbiles e da tecnoloxía. Con isto conseguimos recuperar a nosa historia, pero tamén ofre cer, sen necesidade dun guía, a posibilidade de visitar este lugar", engadiu o alcalde.

O proxecto será tamén dinamizador económico, posto que permite formarse para organizar excursións a este lugar e localizar, na mesma web os establecementos hostaleiros e aloxamentos máis próximos.

Gallego: "Todos crían que a bancada de Casó era unha parte moderna das Salinas e nunca o foi"

Tal vez o máis interesante desde o punto de vista dos veciños e veciñas é a liña temporal que se creou en torno á historia das Salinas e que se pode consultar na nova web. O traballo comandado polo CSIC, con Brais X. Currás, e executado pola empresa Tempos Arqueólogos, permitiu reconstruir o xeito en que o home foi adaptan do a enseada do Ulló, conforme as súas necesidades. Todos crían que a bancada de Casó se corres pondía cunha parte moderna das Salinas e este estudo di que nunca o foi , afirma Carmen Gallego. No espazo que pecha o muro que mandou construír o enxeñeiro Felipe Auguste Cazaux, no século XIX, ubicouse un muíño de ma reas que puido ser o primeiro en xenerar electricidade nesta zona. Sacar sal tería sido imposible, pola cantidade de auga doce que ache gaba o regato Trasmil.

O primeiro fundador das Salinas foi Antonio Mosquera Villar y Pimentel, que no século XVI tomou estas terras en Vilaboa para a extracción de sal, e posteriormente, un fillo seu cedeu parte do espazo para a fundación dos Xesuítas en Galicia .

Comentarios