domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

O viño de Barro, líder da fin de semana

Os locais adscritos continuaron servindo viño este domingo á hora do vermú. GONZALO GARCÍA
Os locais adscritos continuaron servindo viño este domingo á hora do vermú. GONZALO GARCÍA
O tradicional domingo da Festa do Viño deixa "satisfeito" a un sector que xa tivo que repoñer existencias na campaña 'Brindemos polo noso', e que vendeu por riba das expectativas

A fin de semana en Barro foi pasada por auga, pero tamén pasada por viño. O produto estrela da Festa do Viño do municipio puido brillar grazas á iniciativa 'Brindemos polo noso' na súa tradicional fin de semana. O domingo, día grande por excelencia, no que habitualmente se tería celebrado a cata, a entrega de premios, o xantar oficial e o concerto da banda, tampouco puido gozar da música debido ás inclemencias meteorolóxicas, ao igual que os restantes concertos programados, pero si deixou un bo sabor de boca xeneralizado entre adegueiros e hosteleiros, algúns dos cales xa tiveron que repoñer existencias.

"Satisfeito" pola fin de semana de vendas, o propietario de A Eira, La cocina de Sergio e Bar Plaza, Sergio Orge, cifrou, ata o momento, a venda dunhas 150 botellas, ou o que é o mesmo, "25 caixas de seis cada unha". Tal foi o éxito dalgunhas adegas, que nos negocios que dirixe Orge chegou a dar saída a "16 caixas de viño" só dunha das adscritas á iniciativa, unha demanda que vai á par das reservas efectuadas para ceas e comidas, con moi boa acollida. "Vendemos moito máis do que agardabamos", asegurou.

Tamén no caso da Taberna de Rey, o viño de Barro tivo moito éxito, coa venda de arredor de 50 botellas no que vai de festa. No seu caso, tal e como conta o propietario, Antonio Magariños, incluso elaboraron un menú especial para a celebración, a base de pratos tan suculentos como Pan cristal de sardiña lacada con costra de queixo afumado, Raviolis de gamba vermella con salsa cítrica xaponesa, solomillo semipicante de vaca e un postre doce. Todo, por suposto, "maridado con albariño de Barro". Segundo o propietario do establecemento, aínda que pola choiva e a situación sanitaria "non foi unha Festa do Viño normal, a xente moveuse polos restaurantes, e as vendas foron boas".

Entre las 12_00 y las 13_00_ ultimo dia Festa do Vino en Barro_ Para grafica_ Los miembros del Gobierno local estaran a las 13_00h en la Taberna de Rey _cercade la iglesia de Curro__ Los negocios adscritos son Bar Plaza_ Restaurante A Eira La cocina d

A falta dun reconto formal, que se realizará unha vez remate a campaña, despois da vindeira fin de semana, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recolleu as boas sensacións do sector xa que, a pesar de que o municipio "non tivo o ambiente da Festa do Viño de sempre, notamos que a campaña de promoción das adegas e a hostelería local funcionou. Algúns hosteleiros déronnos traslado de que recibiron clientes que nunca antes foran, e que moita xente que antes non era consumidora de viño pediuno aproveitando a campaña".

Durante a xornada do sábado o bo ambiente nos locais de hostelería foi unha constante e, aínda que o domingo menguou a causa do temporal, polo que non se puideron utilizar as terrazas, o impulso da campaña traduciuse no aumento de reservas nas que desputaron as ceas do sábado. Este auxe xa comezou a pasada fin de semana, na que se inaugurou a campaña 'Brindemos polo noso', o día 11, e o alcalde agarda que se estenda ata a vindeira fin de semana, na que finalizará. "En total son nove negocios de hostelería, polo que da tempo a visitalos todos nestas tres fins de semana. Estamos moi contentos pola acollida que a campaña tivo no sector, e cremos que houbo unha resposta moi interesante por parte da clientela. Para as adegas (Moraima, Casaley, Cabana das Bolboretas e Adegas do Rexurdir) foi unha oportunidade de dar a coñecer o seu produto, e para a hostelería traduciuse en vendas e reservas. Ao final ese era o obxectivo, e estamos satisfeitos de que a campaña teña bo resultado. A pesar de non ser unha Festa do Viño normal, isto serviunos para non pasar outro ano en branco", afirmou. Polo momento, queda pendente a reprogramación do concerto de Luar na Lubre, Suso Vaamonde coa banda xuvenil de Barro e Píscore para os cativos.

Veciños e visitantes aínda poderán seguir gozando de 'Brindemos polo noso' durante a próxima fin de semana nos establecementos Bar Plaza, Restaurante A Eira La cocina de Sergio, A Taberna de Rey, Bar A Rula, Taberna Breixo, Muiñada de Barosa, Outro Aire, Taberna O Labrego e Eira D´Arriba.

O viño de Barro, líder da fin de semana
Comentarios
ç