A Virxe da Renda pide que este ano a deixen soa na 'Baixada' ao templo

A tradicional procesión será sustituida por un porteo na máis completa austeridade, que terá lugar esta tarde ? Mañá celebrarase unha misa cantada a cargo de Miguel Martínez
2020061313290683289
photo_camera Procesión da Virxe da Rende nunha anterior edición. DAVID FREIRE (ARQUIVO)

Nin gaitas nin foguetes. Este ano Nosa Señora de Gracia, coñecida popularmente como Virxe da Renda, realizará o tradicional percorrido da Baixada dende o lugar de Xuviño (Poio) ata o templo de San Bernardo en Combarro. Se ben a organización plantexara nun primeiro momento realizar unha procesión cun máximo de entre 20 ou 25 persoas, respetando a distancia de seguridade e con máscaras protectoras, finalmente desbotouse a idea pola imposibilidade de previr a afluencia a unha celebración que move a decenas de fieis no lugar. Por iso, na tarde deste sábado, cambiará a capela polo templo acompañada tan só polos porteadores e polas persoas que se encargan do seu coidado e da organización, "no más de seis o siete personas", segundo exlicou o músico e veciño de Combarro Miguel Martínez, que este ano asumiu a organización "para que la tradición no se pierda".

Martínez, que ademais dirixe o coro Virxe da Renda, aclarou que incluso "le pedimos a los vecinos que no se incorporen a la Baixada cuando estemos llevando a la Virgen al templo, queremos evitar riesgos". Isto decidiuse atendendo ás indicacións da Policía Local de Poio, que recomendou reducir ao máximo o número de persoas asistentes á Baixada, xa que se se fixera un chamamento popular, de ningún xeito "se podería garantir o aforo nin as medidas, tratándose de rúas tan estreitas" coma as que se transitan ao paso da Virxe, segundo explicou o xefe da Policía Local, Antonio Duarte. Pero, para que ninguén quede coas ganas, aqueles fieis que así o desexen poderán asistir á misa do domingo, que terá lugar no templo de Combarro, onde o acto relixioso incluirá unha misa cantada a cargo do mesmo Miguel Martínez, e baixo as medidas de seguridade indicadas.

Para a Subida da Virxe á súa capela de orixe, que terá lugar o vindeiro día 25, agárdase que melloren as condicións sanitarias e o acto se poida desenvolver "de otra forma. Al menos, seguramente podremos contar con unos gaiteiros que acompañen a la Virgen", sinala Martínez.

Comentarios