O viveiro de empresas de Barro ofrece novas accións formativas

A iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra ten coma obxectivo ofrecer ás pemes adaptarse ao novo escenario dixital

As instalacións atópanse no polígono de Barro. DAVID FREIRE (ARQUIVO)
photo_camera As instalacións atópanse no polígono de Barro. DAVID FREIRE (ARQUIVO)

O viveiro de empresas de Barro acolle durante este mes de novembro catro accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, SmartPeme oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

A primeira cita será este martes, ás 18.00 horas, coa acción Introdución ao deseño 3D: FreeCAD III, debuxo 3D avanzado. A segunda, Introdución ao deseño 3D: FreeCAD IV, debuxo 3D avanzado impartirase o martes da seguinte semana, á mesma hora. As inscricións pódense facer chamando ao 886 20 20 20, o correo electrónico [email protected] ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Comentarios