A X Ruta Cabalar de Cerdedo-Cotobade celébrase este sábado con saída desde o Campo de Sión

Os participantes compartirán unha cea que será servida por Pulpería A Fuchela
Presentación de la X Ruta Cabalar de Cerdedo-Cotobade. DP
photo_camera Presentación de la X Ruta Cabalar de Cerdedo-Cotobade. DP

A X Ruta Cabalar de Cerdedo-Cotobade celebrarase este sábado con saída ás 15.30 horas desde o Campo de Sión, en Carballedo.

Os organizadores prevén celebrar esta ruta independentemente das condicións meteorolóxicas coas que se atopen este sábado xa que sinalaron que "se chove, que chova", cunha mensaxe clara de desenvolver esta actividad na que se xunta o amor polos cabalos co disfrute da natureza e das paisaxes polos que discurrirá a ruta.

Cada participante terá que facerse responsable dos posibles danos que poidera ocasionar o seu cabalo coa intención de que os xinete tomen conciencia da necesidade de mirar en todo momento polo comportamento dos seus animais.

Os participantes na ruta cabalar compartirán unha cea, a partir das 23 horas, que será servida por Pulpería A Fuchela e que contempla como menú polbo á feira, churrasco mixto, bebida, postre e café a un prezo por persoa de 32 euros (15 euros para menores de 12 anos).

Na presentación da X Ruta Cabalar de Cerdedo-Cotobade participaron o alcalde en funcións, Jorge Cubela, o tenente de alcalde, Fernando Vázquez, o concelleiro de Deportes, Bruno Portela, e membros da comisión organizadora.

Cubela felicitou aos membros da organización pola iniciativa que xa cumpre a súa décima edición "o que dá boa medida da súa consolidación e respaldo por parte dos amantes do mundo do cabalo", indicou.

O alcalde en funcións tamén animou aos membros da organización a seguir polo camiño da dinamización do mundo rural e do cabalo con iniciativas deste tipo que "son alternativa de lecer na natureza e tamén un atractivo turístico máis porque non cabe dúbida de que este tipo de actividades favorecer que moita xente se achegue ata o noso concello".

Comentarios