sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

Xestur adxudica unha parcela de 8.375 metros no polígono da Reigosa

Panorámica del polígono empresarial de A Reigosa, con 14 parcelas disponibles. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Panorámica do polígono empresarial de A Reigosa, con 14 parcelas dispoñibles. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Correspondeulle unha bonificación do prezo por importe de máis de 238.000 euros 

A Xunta de Galicia adxudicou cinco novas parcelas de solo empresarial con bonificación nos parques empresariais de Carballo, Ponte Caldelas e Santiago de Compostela.

En total as parcelas adxudicadas suman 15.784 metros cadrados, con bonificacións por importe total de 566.719,84 euros.

En Ponte Caldelas, adxudicouse unha parcela do parque empresarial de A Reigosa, cunha superficie de 8.357,75 metros á cal lle correspondeu unha bonificación do prezo por importe de máis de 238.000 euros.

No parque empresarial de Bértoa, en Carballo, Xestur adxudicou dúas parcelas, cun total de 3.216 metros cadrados, cunha bonificación de máis de 125.000 euros. Finalmente, no parque empresarial de A Sionlla, en Santiago, adxudicáronse dúas parcelas, cun total de 4.210 metros cadrados, cunha bonificación por importe de máis de 202.000 euros.

As empresas que adquiriron chan habilitado nestas superficies son do sector da madeira e do automóbil, do transporte de mercadorías e de almacenaxe agrícola.

Segundo se desprende do mapa do polígono empresarial da páxina web de Xestur, a parcela adxudicada no polígono da Reigosa sería a P-11, una superficie ubicada na parte traseira do polígono, no rueiro interior (moi preto da conserveira Orbe), e da que, atendendo aos datos que figuran na mesma web, o prezo orixinario era de 555.790 euros. Con esta, o polígono conta con 33 parcelas xa vendidas, unha reservada e 12 en venda.

Xestur adxudica unha parcela de 8.375 metros no polígono da Reigosa
Comentarios
ç