sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Antón Xil concorre ás Municipais cunha lista moi renovada

Representantes do PP, en Ponte Caldelas. DP
Representantes do PP, en Ponte Caldelas. DP

O candidato á Alcaldía aposta por "unha Ponte Caldelas en positivo"

 O Partido Popular de Ponte Caldelas concorrerá ás eleccións Municipais cunha lista moi renovada. Na tarde deste domingo o cabeza da lista dos "populares" deu a coñecer os 22 nomes que forman a súa proposta, nun acto electoral no que interviron o presidente do PP provincial, Alfonso Rueda, e a e a número un da lista do PP ao Congreso, Ana Pastor.

Na proposta coa que Xil concorrerá ás urnas o 26 de maio destacan nomes recoñecidos como o de Milagros Domínguez, presidenta do colectivo Somos Ponte Caldelas, como número 2, e caras novas nos postos de saída como Lino Mariño (3); Juan Antonio Rocha (4); Paula Lourido (5); Fátima Pereira (6) e Antonio Varela (7). Completan a candidatura Manuel Mariño (8); María Padín (9); María Lusquiños (11); Diego Diz (12); María Teresa Pérez (13); Abel Castellano (14); Francisco Regueira (15); Jesús Rosón (16); Susana Pazos (17); Inés Sánchez (18); Ricardo Manuel Castro (19); César Adán (20); Sara Tombo (21); Ana Belén Vidal (22) y Marcelino Montero (23).

IMPULSO. Na presentación, Rueda afirmou que a candidatura liderada por Antón Xil é a axeitada para darlle a Ponte Caldelas o impulso que necesita. "Un proxecto ilusionante e integrador, pensado para gobernar o Concello tras as eleccións do 26 de maio", dixo nun mitin no que tamén tomaron a palabra a candidata ó Congreso Ana Pastor e o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, ademais do candidato á Alcaldía. Na súa intervención, o presidente do PP da provincia definiu a Xil como unha persoa "cernana aos veciños, que coñece moi ben Ponte Caldelas, que sabe facer as cousas e que vai poñer en marcha os proxectos de futuro necesarios".

Antón Xil, centrou o seu discurso na súa vontade de construir un concello que aposte polo emprego e polo turismo

Rueda engadiu que Ponte Caldelas, como o resto dos concellos, xógase moito o vindeiro mes de maio, pero tamén nas eleccións xerais do 28 de abril e manifestou que as listas do PP para o Congreso e o Senado son a mellor garantía para a defensa dos intereses da provincia de Pontevedra en Madrid, subliñando a presencia de Ana Pastor como cabeza de cartel na Cámara Baixa. "Unha persoa respetada por todos, un valor seguro para Pontevedra e a mellor candidata que podíamos ter".

Pola súa banda, a número un da lista ao Congreso situou o emprego e a creación de oportunidades como un dos eixos centrais no programa dos populares, "un partido que ten folla de servizos e no que se pode confiar", dixo, engadindo que afronta os comicios do vindeiro domingo "coa mesma ilusión que o primeiro día".

Finalmente, o candidato á Alcaldía, Antón Xil, centrou o seu discurso na súa vontade de construir un concello que aposte polo emprego e polo turismo termal "como motor do seu crecemento comercial" apostando por unha Ponte Caldelas "en positivo".

Antón Xil concorre ás Municipais cunha lista moi renovada
Comentarios