Os Xogos de Verán de Lourido poñen en marcha diversos torneos ata o sábado

O evento transforma a praia do lugar nunha gran cancha deportiva
Entrega de premios nunha edición anterior. RAFA FARIÑA - Xogos de Verán de Lourido
photo_camera Entrega de premios nunha edición anterior. RAFA FARIÑA

A edición número 25 dos Xogos de Verán de Lourido, unha convocatoria que se transforma cada ano nunha festa do deporte na que participan persoas de todas as idades e que transforma a praia do lugar nunha gran cancha deportiva, quedou inaugurada este domingo.

O DJ Javi Solla foi o encargado de abrir o evento, con motivo de celebrar que estes Xogos se leven celebrando 25 anos. Os torneos deportivos comezan este luns e durarán ata o sábado, xa que se adicará toda a xornada do domingo á entrega de premios e ao tradicional pincho no que os veciños participan todas as edicións.

A Asociación Cultural e Deportiva de Lourido, coa cooperación do Concello de Poio, estableceron competicións en varios deportes. Volei praia, fútbol seis, tenis praia, petanca, pesca, chave e bici praia completan o itinerario xunto a unha carreira popular de medio quilómetro de percorrido polo areal e unha andaina pola contorna.

Ademáis, os pequenos poderán disfrutar de actividades específicas para eles todos os días desta semana, como carreiras de obstáculos, competicións de karts con pedais, concurso de pesca, etc.

Comentarios