A Xunta confirma que seis núcleos de Vilaboa consolidaranse no PXOM

O Concello sinala que proximamente "os propietarios de vivendas poderán iniciar os procesos de regularización en caso de necesitalo ou solicitar licencia de construcción"
César Poza. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera César Poza. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Consellería de Medio Ambiente confirmou que os núcleos de Saxosa, Sabaxáns, A Graña, Casfalcón, Sobreira e Novás recibirán informe positivo de cara á súa consolidación no PXOM de Vilaboa. O Goberno local calificou este feito como "un paso adiante", tras recibir o Concello a confirmación do respectivo informe favorable emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo.

O Goberno local sinala que, "unha vez que conclúa a longa tramitación administrativa que os clasificará como núcleos no PXOM de Vilaboa os propietarios de vivendas poderán iniciar os procesos de regularización en caso de necesitalo ou solicitar licencia de construcción".

O PXOM de Vilaboa, aprobado parcialmente en 2019, ordena un territorio de casi 37 kilómetros cadrados dos que o 84,9% é de carácter rústico, o 13,73% é solo de núcleo rural, o 1,02% é urbano e o 0,35% é urbanizable. O PXOM abriu a opción de construir 820 viviendas novas nun plazo de dez anos.

A consolidación dos devanditos núcleos forma parte do proxecto de municipio que vertebra o equipo de Goberno liderado por César Poza, e que no plano urbanístico pasa polo desenvolvemento dun centro neurálxico no Toural e a dotación de servizos básicos a todas as zonas rurais para que de xeito radial se poida acometer un crecemento ordenado que pase pola dotación de vivenda residencial e zonas industriais en harmonía cun sector turístico chamado a ser un activo económico fundamental.

Comentarios