jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

A Xunta reserva 1,5 millóns para seguir impulsando as fusións de concellos en 2022

PATRICIA FIGUEIRA AGN TENORIO O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia Xustiza e Turismo Alfonso Rueda asinara co presidente da Fundacion Juana de Vega Enrique Saez o convenio de colaboracion para o desenvolvemento dun proxec
Enrique Sáenz Ponte e Alfonso Rueda asinaron este mércores o convenio para realizar o traballo. PATRI FIGUEIRAS
A Fundación Juana de Vega recibe o encargo de analizar as fusións de Cerdedo-Cotobade e Oza-Cesuras, e a viabilidade de máis unións

A Fundación Juana de Vega encargarase da realización dun estudo no que se analicen as fusións municipais levadas a cabo en Galicia, ademais de impulsar novos procesos encamiñados ao obxectivo de unir concellos nos que se poidan compartir servizos e responder ás necesidades do panorama actual. 

O acordo materializouse coa firma dun convenio entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da fundación, Enrique Sáenz Ponte, no centro sociocultural de Cerdedo- Cotobade, que foi escollido para este fin por ser unha infraestrutura que se beneficiou das achegas destinadas a incentivar procesos de fusións municipais como o vivido alí. 

No acto estiveron os tres rectores das universidades galegas: Antonio López, da USC; Manuel Reigosa, da Uvigo, e Julio Abalde, da Universidade da Coruña, xa que cooperán no traballo de análise da planta municipal galega e da viabilidade de máis fusións, así como do resultado das xa realizadas de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade

Alfonso Rueda, que asistiu acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, recordou que o mapa político-administrativo local de Galicia data do século XIX e que a aposta do Goberno galego segue sendo a de actualizalo "para ofrecer uns servizos públicos máis eficientes". Tal e como apunta o gabinete autonómico, Galicia foi pioneira no impulso das fusións ao entender que, coa dispersión da poboación, os concellos pequenos cada vez teñen máis dificultades para xestionar e financiar os servizos, de aí que a Administración autonómica premie nas súas convocatoria a aquelas que cheguen de mancomunidades o entidades asociadas. 

Rueda: "Como non fagamos algo, farano por nós" 

"Témoslle apego á terra pero queremos ter servizos e estar ben atendidos. Para isto son as fusións", defendeu Rueda ao lembar a polémica coa que naceu a fusión cerdedo-cotobadesa. "Hai países que atoparon que a súa pranta municipal quedou reducida á metade dun día para outro", indicou, insistindo en que "como non fagamos nós algo acabarán facéndoo por nós. É necesario estudar como foron as fusións e que cousas se poden mellorar", indicou.

Pasados catro anos do proceso máis recente das fusións, a Xunta considera chegado o momento de analizar os resultados e as vantaxes para os cidadáns dos concellos fusionados, que ademais de beneficiarse das partidas destinadas ao fondo especial de fusións —que ascenderon a máis de 10,5 millóns de euros no período 2016- 2021—, recibiron a práctica totalidade das axudas convocadas para as entidades locais que comparten servizos públicos. 

O traballo da Fundación Juana se Vega, que conta cun equipo especializado na caracterización socioeconómica e demográfica dos concellos de Galicia, pretende tamén seguir promovendo a unión de concellos. Nos proxecto dos Orzamentos para o 2022 figura a tal fin unha partida de 1,5 millóns de euros.

Máis de 45 anos sen reducir o número de concellos
Mapa2
A fusión de Oza-Cesuras, aprobada en 2013, implicou a primeira desaparición dun municipio galego en máis de catro décadas, desde que en 1967 Acevedo do Río se integrou en Celanova. 

Tres segregacións 
Desde ese momento o mapa galego só rexistrara tres cambios, e todos para incorporar novos municipios nacidos a raíz de segregacións: Cariño, Burela e A Illa de Arousa, nos anos 80 y 90. 

Só 10 menos que en 1900 
O número actual de concellos gallegos (313) é similar ao de cando se trazou no século XIX o mapa co que nace a actual división. Galicia tiña 326 no ano 1842 e 323 en 1900.

Absorcións e fusións
A maioría dos concellos galegos desaparecidos integráronse en municipios veciños, en moitos casos cidades. A única que non absorbeu ningún desde 1842 é Lugo, mentres que Pontevedra lidera o ránking, con seis. Ata Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade, as únicas fusións foran a que deu lugar a Ramirás (1926) e a da Pontenova (1963).

A Xunta reserva 1,5 millóns para seguir impulsando as fusións de...
Comentarios
ç