"O 2023 foi o ano de pasar páxina ao sectarismo e o 2024 será o ano do municipalismo"

Luis López asumiu a presidencia da Deputación de Pontevedra o pasado 7 de xullo co obxectivo de situar aos concellos no centro, e a pesar de herdar o Goberno provincial cunha "situación económica preocupante", conseguiu aprobar os orzamentos máis altos da historia. Un dos retos máis importantes para o ano que vén é a rehabilitación de Santa Clara
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE

Que balance fai destes cinco primeiros meses ao fronte do Goberno provincial?

É un balance moi positivo, un balance compartido polo que me trasladan os que son os grandes protagonistas desta Deputación, que son os concellos da provincia. Se eu tivera que facer un resumen, este foi un ano onde se pasou páxina ao sectarismo, a deputación duns poucos, para dar o paso a unha deputación de todos e para todos.

Tras herdar a Deputación de Pontevedra, vostede dixo que a situación económica na que se encontraba esta administración era "preocupante". Aínda así, aprobaron uns orzamentos de 189,2 millóns de euros, os máis altos da historia. Que valoración fai destes orzamentos?

Eu creo que actuando con responsabilidade hacia onde tiñamos que ir nos seguintes meses despois de tomar posesión, o que fi xemos foi unha avaliación interna da cal se concluiu que había partidas que estaban plenamente esgotadas derivado dun gasto excesivo nos primeiros cinco meses de ano coincidiendo co periodo anterior ás selección municipais. Froito desa avaliación interna tivemos que reformular absolutamente todo, dando cobertura ás necesidades que se nos ían presentando no día a día para que non quedase nada, nin ninguén desentendido, e empezar ese camiño que levounos a aprobar os orzamentos máis altos da historia da Deputación, os orzamentos máis municipalistas da historia da Deputación. Polo tanto, eu creo que é un fi n de ano histórico para a provincia.

A oposición defi niu estes orzamentos como "machistas" e lamentaron o retroceso que supoñían en materia de xestión de residuos ou en Memoria Histórica. Que opina destas críticas?

A oposición xa vimos nestes cinco meses en que se manexa, nun ámbito un pouco quitado da es cola dalguna agrupación local da provincia, co non polo non, dicindo que todo está mal, pero os orzamentos falan por si solos. Estas son as contas máis muncipalistas que existen. Un de cada tres euros van parar aos concellos, e iso só de entrada, porque logo, ao longo do ano vanse habilitar máis achegas aos concellos. Estes son uns orzamentos onde en deporte hai un incremento dun 19% e en cultura hai un incremento do 20%. Ademais, creamos tamén un novo servicio que é o de reto demográfico e de xuventude, e temos o plan de servizos e obras fundamentais e vitais para os concellos, un plan que incrementamos en 100 días máis que o que fi xo o anterior goberno en oito anos, en 4,2 millóns. Polo tanto, entendo que estas críticas da oposición as que estamos acostumados non teñen moita razón de ser.

"O turismo é un dos grandes motores económicos da provincia e queremos ter avances"

O anterior Plan Concellos foi sustituido nestes meses polo Plan +Provincia. Como está sendo a acollida deste programa por parte dos concellos?

Aos 100 días de tomar posesión convidamos aos 61 alcaldes e alcadesas da provincia a un encontro para explicarles en que ía a consistir este Plan + Provincia. Alí lle anunciamos o incremento que supoñía de 4,2 millóns, tamén unha nova liña para financiar proxectos de futuro, e tamén lles anticipamos que íbamos traballar nunha maior fl exibilización nos criterios ahora de escoller investimentos. Xa naquel instante os alcaldes e alcaldesas o recibieron moi ben, independentemente do partido. Agora que estou mantendo contactos intensos con todos os alcaldes e alcaldesas da provincia, o primeiro que me trasladan é o acerto á hora de incrementar esa partida, a concederlle máis autonomía local aos concellos, é tamén algo moi importante, que é o compromiso co reto demográfico que tamén se recolle neste programa.

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE

Un dos principais asuntos deste 2023 foi Santa Clara. Que novidades haberá neste proxecto nos vindeiros meses?

Unha vez que chegamos a Deputación esta área encargóuselle ao vicepresidente Rafa Domínguez e el, nese espírito que ten de traballar continuamente, moitas veces de xeito discreto, pero moi intenso, ponse mans a obra con Santa Clara, un proxecto vital para a cidade de Pontevedra e para o conxunto da provincia. O primeiro que fixemos foi analizar o proxecto e vimos algunhas cuestións que entendiamos que debían ser modificadas, como era a destrución dos xardíns. Nós non podíamos admitir que unhas obras de rehabilitación, de posta a disposición para os veciños desta xoia de Pontevedra, implicaran levarse por diante os xardíns, e ese foi un dos cambios que quixemos que se plasmara no proxecto. A raíz diso viñeron as reunións co estudo gañador do concurso e niso estamos traballando, tratando de iniciar as obras canto antes e cun claro obxectivo de poñer a disposición os xardíns para o disfrute dos veciños e veciñas de Pontevedra.

Con ese "canto antes" quere dicir que as obras de Santa Clara comezarán en 2024?

A nosa intención é esa. Se todo vai segundo o previsto a nosa intención é que si, que o ano 2024 sexa o ano de Santa Clara. Nós temos proxectos moi importantes para a provincia e no 2024 vanse consolidar moitos deles e poñer a primeira pedra para outros de moito máis calado que poden levar moito máis tempo, pero un dos nosos grandes proxectos é aquel que está enfocado hacia os 61 concellos da provincia.

Continuando no sector cultural, hai unhas semanas anunciou o programa Culturea, que chega para sustituir o programa que xa estaba implantado.

O Culturea é un programa que toma como fío un programa que xa empezou sobre os anos 80 e que tivo continuidade no tempo, o cal demostra que funciona tremendamente ben. Aquí un dos cambios que houbo foi o incremento da partida orzamentaria, nun 25%, e logo a preocupación por darlle difusión a todas as atividades que hai entorno do Culturea, porque os benefi ciarios, as asociacións e todos os que se acollen a ese programa teñen limitacións e nós aí queremos axudalos dende os propios mecanismos que temos nós, pero tamén, por exemplo, que dende o momento que fan a solicitude teñan cartelería da nosa imprenta a súa disposición para poder difundir. Tamén o feito de que para evitar esos agotadores trámites burocráticos, os grupos que estaban no programa do ano 23, no ano 24 xa non teñen a necesidad de volverse a inscribirse, é dicir, automáticamente xa permanecen no programa. Paréceme un programa exitoso ao que nós lle damos un pulo importante, sobre todo na parte económica.

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE

No sector turístico, vostede xa deixou claro que o turismo na provincia aínda non tocou teito. Que camiño seguirá a Deputación neste eido?

O turismo é un dos grandes motores económicos da provincia de Pontevedra e efectivamente aínda non tocamos teito. Se collemos os datos, tivemos 60% de visitantes nacionais e 40% de visitantes internacionais, polo tanto, hai moito aínda onde medrar. Aquí podíamos quedarnos de brazos cruzados, pero non, hai que intentar, alí onde haxan eses nichos de turismo, basicamente no eido internacional, atraelo. E máis cando coñecimos hai poucas semanas que Pontevedra era o destino máis buscado en Booking cando un visitante decide vir a España. Con esas premisas estamos traballando da man do sector. Recentemente xa tivemos encontros e xornadas de cara a ir defi nindo a estratexia porque tamén estamos elaborando o plan estratéxico de turismo, un documento que vai ser importante. Ademais, estamos realizando xornadas de cara a temas de dixitalización, de inte lixencia artifi cial, da presencia en feiras e eventos que nos permiten un posicionamento importante. Tamén queremos ter avances en algo que define e caracteriza a Pontevedra que é o que ten que ver co viño, co enoturismo. Queremos convertirlo nun dos fíos condutores que faga que nos visiten. E por suposto, tamén a desestacionalización do turismo para nós é clave e fundamental.

Na súa primeira reunión co alcalde de Pontevedra tanto vostede coma Miguel Anxo Fernández Lores falaron de cordialidade e de lealdade institucional. Hai unha boa sintonía con este concello?

Hai unha colaboración total, hai lealdade e oxalá con outros concellos de igual ou maior poboación fose similar.

"Temos todas as vías de diálogo abertas para que, se chega o momento de facer más transferencias, se puedan facer"

A Deputación conseguiu o ano pasado un acordo histórico coa Xunta de Galicia na transferencia do Pazo de Lourizán e da Escola de Cantería. Recentemente este Goberno provincial asinou coa administración autonómica o protocolo para a transferencia da titularidade dos centros educativos ubicados na Cidade Infantil Príncipe Felipe. Como evoluciona este acordo?

A colaboración entre as administracións é parte fundamental do bo funcionamento e é tamén o que nos esixen os veciños e veciñas. A nosa colaboración coa Xunta é total, como tamén de cara aos concellos. Vimos de consolidar o que era a transferencia do Pazo de Lourizán, logo a da Escola de Canteiros de Poio e agora estamos a traballar na parte do Príncipe Felipe. Asinamos hai un pouco un protocolo co conselleiro de Educación e aí estamos a traballar. O que buscamos é o maior benefi cio para todos os usuarios e benefi ciarios da instalación. Isto non implica que nós nos desentendamos destas instalacións, senón que no caso dos colexios, que mellor que a Consellería de Educación para poder levar a cabo eses proxectos de tanto interés para Galicia, porque cando falamos de educación estamos falando do futuro de Galicia.

A Deputación ten previsto transferir outros servizos como a Estación Fitopatolóxica do Areeiro ou Mouriscade?

Temos todos os cauces e vías de diálogo abertos para que, se chega o momento, iso se poida facer.

Un dos grandes obxectivos do Concello de Pontevedra para o ano seguinte é poder liberar por fin a Xunqueira de Alba. No caso dos terreos da Deputación, estaba previsto que se inaugurase a mediados deste mes. Como vai o proxecto deste novo parque?

As intensas choivas que houbo durante este outono condicionou os plazos de execución, pero aquí eu sempre digo que nas obras o importante é que queden ben, independentemente de que se retrasen un pouco.

Cales son os obxectivos do Goberno provincial para o ano 2024?

Se o ano 2023 foi o ano de pasar páxina ao sectarismo, o ano 2024 será o ano do municipalismo.

"O 18 de febreiro teremos unhas eleccións nas que decidiremos se queremos estabilidade ou non"

O presidente da Xunta de Galicia anunciou esta mesma semana que as próximas eleccións autonómicas serán o 18 de febreiro. Que expectativas ten vostede para esa cita coas urnas?

O día que Alfonso Rueda anunciou as eleccións foi o primeiro día do camiño que vai levar a que o presidente Alfonso Rueda obteña a maioría absoluta. As expectativas son boas, e cando digo que son boas falo xa como presidente do Partido Popular de Pontevedra, por ese contacto que estou tendo no día a día na rúa, por toda a provincia, me fai ter esa percepción. Aquí nos xogamos moito. O 18 de febreiro van ser unhas eleccións nas que decidiremos que modelo queremos, se queremos estabilidade ou non estabilidade, e iso é moi importante, como tamén é moi importante o protagonismo que teñen as familias, a visión do futuro de Galicia... un conxunto de decisións determinantes e fun damentais para os galegos, pero, en todo o caso, as expectativas son moi boas.

Comentarios