A Deputación convoca a segudna edición de 'Reacción polo clima', con 4.000 euros en xogo

Poderán concurrir mozos de entre 16 e 30 anos con pezas audiovisuais con duración máxima de dous minutos e medio 
Concurso da Deputación 'Reacción polo clima'. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera Concurso da Deputación 'Reacción polo clima'. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación convoca a segunda edición do seu concurso Reacción polo clima, encamiñado a dar visibilidade á problemática do cambio climático da man dos máis novos. Así, poderán presentarse mozos de entre 16 e 30 anos, concurrindo con pezas audiovisuais de ata dous minutos e medio. A recepción das propostas está aberta ata o 16 de maio. 

Respecto aos galardóns, as bases publicadas polo organismo provincial establecen tres premios, con contías de 2.400 euros, 1.000 euros e 600 euros, respectivamente. 

En engadido, a Deputación deu tamén a coñecer a celebración da segunda edición da Escola de Letras, adaptada ao formato online dada a situación epidemiolóxica actual e cuxas prazas xa están cubertas. Deste xeito, serán un total de seis acción formativas adicadas ao eido da escritura. 

O pistoletazo de saída correrá a cargo de Inma López Silva con Tod@s temos unha historia que contar. Seguidamente, será a quenda de talleres de poesía con Antonio García Teijeiro e Elvira Ribeiro Robío e outros de adicados á literatura da man de Anna R. Figueiredo e Diego Giráldez. 

Comentarios