Abre a campaña extractiva da centola e do boi na provincia

A cota máxima de capturaé de 35 quilos por barco e día, máis outros 35 por tripulante
2020110913205251266
photo_camera Capturas na campaña da centola nunha edición anterior. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Consellería do Mar abre este luns a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias de Pontevedra e da Coruña. Nas áreas que van da Guarda ata cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota que se dedica á extracción pode calar os aparellos a partir da madrugada e levar as especies á lonxa hoxe.

A campaña destes crustáceos nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2021, que se fixará a través do correspondente plan de xestión. No caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 30 de novembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña as embarcacións de artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Comentarios