Un accidente entre tres turismos na A-55 en Tui sáldase cun ferido

O lesionado tivo foi trasladado ao Centro Hospitalario Fátima de Vigo

Unha persona resultou ferida en Tui despois de chocar tres turismos que circulaban pola A-55, á altura de Guillarei, en dirección a Portugal.

O accidente ocorreu sobre as 22.45 horas da pasada noite. Un particular alertou ao 112 Galicia, que puxo os feitos en coñecemento do 061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil, e os Bombeiros de Baixo Miño.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 Galicia o traslado da persona ferida o Centro Hospitalario Fátima de Vigo.