Alertan de novos roubos co método do abrazo na provincia de Pontevedra

A Garda Civil busca unha muller que lle quitou un reloxo de 8.000 euros a un veciño de Gondomar
Cuartel de la Guardia Civil de Gondomar. GOOGLE MAPS
photo_camera Cuartel da Garda Civil de Gondomar. GOOGLE MAPS

Un veciño de Gondomar de 81 anos é unha das últimas vítimas dos ladróns que utilizan o método do abrazo amoroso. A Garda Civil investiga o caso e advirte de que este tipo de roubos están a aumentar na provincia de Pontevedra.

No caso de Gondomar, foi unha muller quen abordou o octoxenario na rúa, e tras gañarse a súa confianza, deulle un abrazo e aproveitou para arrebatarlle o reloxo que levaba, de alta gama. Segundo sinala a TVG, está valorado en 8.000 euros.

Nos últimos días producíronse otros dous roubos co mesmo método en Vigo. A Benemérita aconsella extremar as cautelas coas persoas descoñecidas.

Comentarios