A caída dun coche nas vías interrompe a circulación do tren entre O Porriño e Tui

Foi un dos ocupantes do vehículo quen alertou do suceso

Adif informou de que se atopa interrompida a circulación de tren entre O Porriño e a estación de Guillarei, en Tui, pola caída dun coche ás vías.

Segundo informa o 112 Galicia a Europa Press, un dos dous ocupantes do vehículo chamou para dar aviso do sucedido, á vez que sinalaba que ambos se atopaban "ben", aínda que requirían asistencia médica e axuda para retirar o vehículo.

O coche precipitouse desde a A-55. Adif apunta que este incidente afectou á circulación dos trens que viaxan entre Guillarei e Rendondela.

Foron avisados, entre outros medios, o 061, os bombeiros do Baixo Miño, Garda Civil, así como Policía Local, indica o 112 Galicia.

Pola súa banda, Renfe indicou a Europa Press que este incidente provocou unha "demora" nos trens