viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Case 500 persoas beneficiaranse de 25 obradoiros de 'Depo en marcha'

Deputación de Pontevedra. GONZALO GARCÍA
Deputación de Pontevedra. GONZALO GARCÍA
Os talleres desenvolveranse ao longo desta semana

Un total de 478 persoas da provincia de Pontevedra comezarán ao longo desta semana 25 novos obradoiros enmarcados no programa 'Depo en Marcha 2019'. Os talleres iniciaranse nos municipios de Valga, Moaña, A Estrada, Lalín, Soutomaior, Gondomar, Tui, A Guarda, Nigrán, Baiona, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Poio, Silleda, Cotobade e Vigo.

Este programa imparte obradoiros de 30 horas de duración que teñen entre os seus principais obxectivos favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade e mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

Case 500 persoas beneficiaranse de 25 obradoiros de 'Depo en marcha'
Comentarios