As comarcas de Pontevedra celebran a chegada da primavera

Os maios, protagonistas este martes en Marín, Poio e Caldas

Concurso dos maios en Marín. OLGA FERNÁNDEZ
photo_camera Concurso dos maios en Marín. OLGA FERNÁNDEZ

Barquiños e maios engalanan a vila de Marín

Catro embarcacións e seis maios participaron no concurso da vila, que se desenvolveu na Alameda. OLGA FERNÁNDEZ1Catro embarcacións e seis maios déronlle este martes a benvida á primavera no centro da vila marinense. Nunha Alameda ateigada de veciños, o concurso do primeiro de maio encheu de cor e de composicións florais o festivo do Día do Traballo. Xa pola mañá, as composicións participantes desfilaron polo entorno do casco vello, pero non foi ata media tarde cando o xurado decidiu cales de todos os maios, coroas e embarcacións participantes merecían ser premiados no concurso organizado polo Ateneo Santa Cecilia e o Concello de Marín.

O maio Mariñeiro foi o gañador do primeiro premio á construción, seguido polo de San Xián e o de Nosa Señora do Carme. En canto á coroa, a máis votada foi a de Landeiras, o maio máis antigo da vila. O de San Xián tamén conseguiu o segundo posto nesta categoría, mentras que o terceiro premio foi para a coroa que portaba enriba o maio de Porviso.

Catro embarcacións e seis maios participaron no concurso da vila, que se desenvolveu na Alameda. OLGA FERNÁNDEZ2No que respecta ás coplas, o xurado tamén considerou como as mellores as dos maios Mariñeiro, San Xián e Porviso. Finalmente, na interpretación foi este último maio o vencedor. Tamén foron recoñecidas as interpretacións de Landeiras e Amigos dos Rapaces.

Na construción de embarcacións gañaron Atenea, Remedios e San Miguel e Embarcación Xiana. Estes dous últimos tamén recibiron o segundo e o terceiro premio á letra da copla, ocupando o primeiro posto Rampleiro San Xián dos Ancourados. Con respecto á interpretación, tamén foi esta formación a que levou o ouro, repartíndose a prata e o bronce entre as embarcacións Remedios e San Miguel e Atenea.

Vilariño arrasa no certame de Poio

Concurso dos maios no Mosteiro de Poio. GONZALO GARCÍAUnha das vilas da bisbarra de Pontevedra que celebra con maior paixón a festa estrela da primavera é Poio. Así volveu a quedar patente este martes, onde os maios brillaron con luz propia durante a mañá, no certame organizado polo Concello de Poio nas inmediacións do Mosteiro de San Xoán, como pola tarde, co concurso impulsado en Combarro pola Asociación Cultural Ateneo Corredoira.

En ambos casos, o nivel de participación e a calidade dos deseños foron moi elevados. Tanto, que, no caso do certame da mañá, chegaron a producirse varios empates nas diferentes categorías. O mellor conxunto foi o elaborado por Vilariño, que fixo doblete ao levarse tamén o mellor maio individual. A copla máis orixinal foi a de Pimpín, ementres que no apartado de actuacións Marepodium quedou por diante de Armadiña e Fontenla. Os integrantes de Vilariño completaron unha gran xornada, ao levarse tamén a premio á mellor coroa e o recoñecemento máximo na categoría de deseños de embarcacións tradicionais.

Imaxe dun dos deseños que luciron en Combarro. RAFA FARIÑA - MaiosAs boas condicións meteorolóxicas favoreceron o alto nivel de participación, un feito que foi salientado pola Concellería de Cultura e Festexos, responsable do evento, que destacou "a creatividade e a aposta pola tradición de todos os participantes".

Con respecto ao certame de Combarro, os organizadores repartiron diferentes agasallos entre todos os participantes.

O maio mellor engalanado de Caldas, o do San Fermín

A Praza das Palmeiras de Caldas de Reis volveu ser o escenario para celebrar a Festa dos Maios. Nesta ocasión houbo cinco participantes no concurso. O maio mellor engalanado foi o elaborado polo Colexio San Fermín, a copla vencedora foi a composta polos integrantes do Colexio Público San Clemente e a mellor interpretación recaeu na Asociación de Nais e Pais (ANPA) do IES Aquis Celenis.

Un gran número de veciños congregáronse na Praza das Palmeiras. OLGA FERNÁNDEZ - Maios Caldas

Cada un dos tres gañadores recibiu como premio 150 euros, dacordo coas bases establecidas no concurso desta celebración, que aposta pola implicación de nenos e maiores para manter a tradición. O bo tempo axudou a que as flores e ramos combinadas para dar a benvida á Primavera tivesen, se cabe, maior brilio.

Un gran número de veciños congregáronse na Praza das Palmeiras. OLGA FERNÁNDEZ - Maios Caldas2

Comentarios