Comeza a veda da centola e do boi de mar na Coruña e Pontevedra

Prolongarase até o próximo 10 de novembro

Una centolla. ADP
photo_camera Unha centola. ADP

A veda da centola e do boi de mar na parte litoral que vai desde A Guarda até cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo até cabo Estaca de Bares (provincias de Pontevedra e A Coruña) comeza este sábado e prolongarase até o próximo 10 de novembro. 

Pola súa banda, na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares até o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, a veda comezará o 28 de xuño, sábado, e prolongarase até o próximo 1 de decembro. 

Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2019-2020, que establece o período de veda para este ano nas provincias da Coruña e Pontevedra desde as 00.00 horas do sábado, 22 de xuño, até as 00.00 horas do domingo, 10 de novembro.

Na provincia de Lugo a veda prolongarase das 00.00 horas do día 28 de xuño até as 00.00 horas do domingo 1 de decembro. 

Desde o 12 de novembro de 2018, día desde o que estivo autorizada a extracción da centola, até a actualidade, vendéronse nas lonxas galegas máis de 490 toneladas desta especie por un importe de máis de 4,5 millóns de euros, segundo os datos provisionais. 

En canto ao boi de mar, desde o 12 de novembro de 2018 até a actualidade poxáronse nos centros de primeira venda de Galicia máis de 20 toneladas desta especie, por un importe que superou os 184.000 euros. 

Comentarios