A comisión do Miño aborda medidas para potenciar o patrimonio natural transfronteirizo 

A reunión aprobou os períodos establecidos para a pesca na tempada 2018-2019, para a caza e a continuidade da captura da angula e o salmón

A XXXVIII sesión plenaria da comisión permanente internacional do río Miño estableceu directrices para impulsar actuacións que potencien o patrimonio natural transfronteirizo do río Miño en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Río Miño. 

Ademais, esta reunión, celebrada o martes, aprobou os períodos establecidos para a pesca profesional e deportiva durante a tempada 2018/2019, así como para a caza, a continuidade da captura da angula e o salmón e as medidas encamiñadas a estimular a profesionalización da actividade. 

Outros asuntos tratados na cita foron o seguimento das medidas para a recuperación da anguía europea e a actual situación da erosión que sofren determinadas zonas do río Miño. 

Tamén se abordou, segundo informa o Ministerio de Defensa nun comunicado, a necesidade de potenciar o recoñecemento como patrimonio cultural e histórico das pesqueiras, e a mellora da seguridade dos pescadores. 

Comentarios