domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

O Concello de Poio adxudica o proxecto de reforma integral do Pazo de Besada

undefined
El Pazo de Besada, en San Salvador.

Para poder completar a obra, que recaerá en mans de Construcciones Abal, invertiranse 529. 184, 12 euros percibidos do Plan de Concellos da Deputación 

A empresa Construcciones Abal será a encargada de levar a cabo a remodelación do Pazo de Besada, un dos grandes emblemas da parroquia de San Salvador e do municipio en xeral. Esta foi a entidade que obtivo a máxima puntuación no concurso de licitación e a súa adxudicación foi aprobada pola Xunta de Goberno Local.

O orzamento desta actuación ascenderá finalmente a un total de 529.184,12 euros, Ive engadido, sufragados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correspondente á convocatoria de 2020.

Os traballos da reforma poderán comenzar ao longo do verán, segundo estima o concelleiro de Urbanismo, Gregorio Agís, quen calcula que a obra ficará rematada a principios de 2022.

A reforma do Pazo de Besada é un dos obxectivos principais do Goberno local e, unha vez lista, está previsto que o edificio se consolide como un dos principais centros neurálxicos no que á actividade e dinamización social da localidade se refire. Toda vez que pasará a acoller a xestión de servizos sociais, culturais e de igualdade.

Esta reforma dará continuidade ao acondicionamento exterior que xa se fixo na infraestrutura hai uns anos. Agora, as tarefas da empresa adxudicataria céntranse no interior do pazo. ''Levaranse a cabo labores de mellora dos tabiques, carpintería e dotación de servizos, calefacción e iluminación'' adianta o responsable do departamento de Urbanismo, que foi o encargado de redactar o proxecto. Tamén se acondicionarán os exteriores da finca na que se atopan as históricas dependencias e se mellorarán os accesos en favor das persoas con problemas de mobilidade.

Con esta actuación, o Pazo de Besada pasará a contar cunha sala para eventos, oficinas e un espazo de lecer destinado a persoas da terceira idade. Precisamente un dos obxectivos deste proxecto é trasladar desde a Casa Rosada ata o pazo os Servizos Sociais, así como o CIM.

''Con isto logramos un dobre obxectivo, xa que, ademais de ofrecer unhas instalacions totalmente renovadas aos usuarios e usuarias, tamén poderemos aproveitar a Casa Rosada para desenvolver outras actividades'', indica Gregorio Agís.

Investimento: Un ano clave para o Concello
O Concello de Poio espera que este ano sexa un dos máis fortes en investimento e demostrouno a principios de ano cunha das maiores achegas da historia.

Un total de 13 millóns de euros foi a cantidade investida polo Goberno local. Un feito que abriu a porta ao que veu ao longo destes seis meses.

Agora, o Pazo de Besada convértese noutra aposta forte, que parte dun plan establecido para as melloras de Poio, o que se ofreceron 5,5 millóns de euros.

O proxecto de reforma do pazo vén sendo unha das apostas fortes e urxentes que hai tempo que se solicita e ao que este ano o Concello deu luz verde grazas a este investimento económico programado.

Dentro desta remodelación xa programada , o pazo acollerá ademais outros servizos,como un salón de estudos e unha biblioteca,que complementaría o de Campelo, co obxectivo de converter o Pazo de Besada nun dos lugares de referencia do Concello de Poio. 

O Concello de Poio adxudica o proxecto de reforma integral do Pazo...
Comentarios
ç