sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Os concellos pequenos da provincia reciben outras 58.000 máscaras

ENVÍO MARZO 2021 (2)
As máscaras que se reparten en marzo. DP
A Deputación de Pontevedra leva repartidas 325.000 unidades en colaboración coa Subdelegación do Goberno e a FEMP

A Deputación de Pontevedra realiza este martes unha nova entrega de máscaras cirúrxicas de protección aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Son outras 58.000 unidades que, sumadas ás anteriores entregas, eleva a un total de 324.500 o balanzo do material repartido pola institución provincial dende o comezo da pandemia.

A iniciativa encádrase no acordo de colaboración institucional coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para facer chegar o material de protección esencial aos colectivos máis vulnerables coas achegas periódicas que fai o Goberno de España.

Con esta son xa cinco as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación. En concreto, a institución provincial achegou unha primeira remesa de 57.000 máscaras en maio, unha segunda de 97.500 en setembro, unha terceira de 58.000 en novembro e outras 54.000 na última achega de decembro.

Os concellos pequenos da provincia reciben outras 58.000 máscaras
Comentarios
ç