jueves. 17.10.2019 |
El tiempo
jueves. 17.10.2019
El tiempo

Conmoción na Estrada polo pasamento de Luis Reimóndez

Luis Reimóndez. ARCHIVO
Luis Reimóndez. ARCHIVO

O presidente da Fundación Neira Vilas será velado no tanatorio San Pelayo, e enterrado na tarde deste domingo no camposanto parroquial de San Miguel de Castro

Os veciños da Estrada atopáronse pouco despois do mediodía deste sábado coa nova do pasamento de Luis Reimóndez Fernández, moi coñecido na vida cultural do municipio e no panorama autonómico, ao exercer como presidente da Fundación Neira Vilas, así como do Centro de Iniciativas e Turismo da Estrada (CIT).

O estradense faleceu hospitalizado en Santiago aos 67 anos de idade, despois de que lle diagnosticaran unha enfermidade grave hai algúns meses.

Reimóndez fora traballador nunha institución bancaria do municipio, pero sempre destacou máis pola súa faceta social, en especial polo empeño co que traballou naquelas propostas que axudaran a dinamizar a vida cultural dos estradenses, en especial as destinadas a velar e difundir a figura de seu pai, o filántropo Manuel Reimóndez Portela, e tamén, nos últimos anos, a do emblemático escritor de Vila de Cruces.

O presidente da Fundación Neira Vilas será velado no tanatorio San Pelayo, e enterrado na tarde deste domingo no camposanto parroquial de San Miguel de Castro, a súa parroquia natal, onde previamente se celebrará un breve acto relixioso, en torno ás 17.30 horas, na igrexa parroquial.

O funeral terá lugar mañá luns á mesma hora, tamén na igrexa parroquial.

Conmoción na Estrada polo pasamento de Luis Reimóndez
Comentarios