viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

O consultorio de Arcade quedou cun médico para 80 pacientes o día 2, afirma o BNG

O centro médico comezou 2018 cun colapso que motivou que algúns pacientes marcharan sen ser atendidos, denuncia Manu Lourenzo

O BNG de Soutomaior denunciou este martes unha nova situación de desbordamento de pacientes no Centro de Saúde de Arcade, que motivou que os pacientes "volveran a sofrer unha situación de colapso que provocou que moitos deles tivesen que marchar para casa sen seren atendidos e que outros tivesen que facer esperas de varias horas".

O voceiro do BNG, Manu Lourenzo, lembrou que "esta situación produciuse porque unha vez máis o Sergas non cubriu as baixas e o centro quedou cun único facultativo para atender a toda a veciñanza".

Lourenzo, que recibíu as queixas de moitos pacientes descontentos, lembrou que o consultorio de Arcade "é un centro de alta demanda", no que reiterativamente se desoien as peticións para que se incremente o número de facultativos, e mesmo para que se cubran puntualmente as baixas e vacacións. Neste caso, segundo recolleron os nacionalistas a través de varios usuarios, "o médico tivo que atender a máis de 80 persoas este martes, o que fixo que moita xente tivese que marchar a Urxencias a Pontevedra ou para casa sen ser atendidos, xa que as esperas eran eternas, e que outras tivesen que agardar durante horas no centro de saúde para recibir unha atención que, en ocasións, non podía superar os tres minutos debido ao colapso".

Manu Lourenzo lembrou as queixas reiteradas do BNG ante as administracións para que se poña o foco na situación real deste centro sanitario, mentras que, ante isto, "o PP votou en contra hai escasos días da enmenda aos orzamentos presentada para que Soutomaior teña máis médicos. E todo isto mentres o Goberno local, no canto de defender os seus veciños, defende ao PP. Aínda sigo agardando a que Agustín Reguera conteste á carta que lle enviei hai dous meses para termos unha xuntanza co Sergas", lamenta o nacionalista, que non descarta máis medidas de presión sobre este asunto no 2018.

O consultorio de Arcade quedou cun médico para 80 pacientes o día...
Comentarios