Cuntis, Caldas, Moraña, Barro e Portas alíanse para crear unha mancomunidade

Os cinco concellos acordan crear unha mancomunidade para compartir servicios e captar máis fondos
Os alcaldes durante a reunión en Cuntis. DP
photo_camera Os alcaldes durante a reunión en Cuntis. DP

Os Concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Barro e Portas acordaron este xoves a constitución dunha nova mancomunidade como fórmula xurídica e administrativa coa que aglutinar e compartir servizos para unha maior operatividade en beneficio da veciñanza de todos os municipios citados.

Alcaldes e membros dos gobernos municipais dos diferentes concellos mantiveron un encontro en Cuntis no que, tras varios contactos previos que foron dando forma a este proxecto, acordouse iniciar os trámites para a próxima constitución deste ente supramunicipal.

Suporá un impulso moi importante que permitirá ofrecer servizos novos e reforzar os que xa ofrecemos en conxunto

O Concello de Cuntis funcionará como sede social da futura mancomunidade. O alcalde deste municipio, Manuel Campos, lembrou que "somos concellos que xa temos moitos servizos en común e por iso a creación da mancomunidade suporá un impulso moi importante que permitirá ofrecer servizos novos e ampliar e reforzar os que xa ofrecemos en conxunto". 

Así mesmo, indicou o rexidor da vila cuntiense, "a mancomunidade permitiranos captar máis fondos e desenvolver iniciativas en común que en solitario serían moito máis complexas". 

Comentarios