domingo. 20.10.2019 |
El tiempo
domingo. 20.10.2019
El tiempo

Unha delegación chinesa percorrerá a provincia para coñecer o Plan Revitaliza

Unha das presentacións do Plan Revitaliza. DP
Unha das presentacións do Plan Revitaliza. DP
Dous dos emisarios pertencen ao Goberno da República Popular China

O Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación segue a acumular proxección internacional. A vindeira semana unha delegación de persoal político e técnico da China percorrerá a provincia durante dous días para coñecer o modelo de xestión de biorresiduos en proximidade que ten en marcha a institución pontevedresa.

A visita está enmarcada dentro dunha xira por Europa para estudar os modelos máis punteiros do vello continente en canto a xestión local de residuos mediante tratamentos biolóxicos e tamén sobre recollidas selectivas de biorresiduos en orixe. A delegación chinesa componse dun total de doce persoas, das que dúas son representantes oficiais do Goberno chinés, da zona de Cantón, unha das 22 provincias que, xunto coas cinco rexións autónomas, catro municipios e dúas rexións administrativas especiais, conforman a República Popular China.

Tamén estarán en Pontevedra dúas persoas da fundación oficial do Goberno chinés 'Vanke Foundation', unha representante da Universidade de Nanjing, tres de ONG, unha dunha empresa privada e dúas de consultoras freelance.

Unha delegación chinesa percorrerá a provincia para coñecer o Plan...
Comentarios