A Deputación aproba axudas por 230.000 euros para loitar contra as violencias machistas

Están destinadas a municipios cuxo padrón non supere os 20.000 habitantes
Diputación de Pontevedra. ADP
photo_camera Deputación de Pontevedra. ADP

O Goberno da Deputación deu luz verde a unha nova convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia machista neste 2021. As bases aprobadas pola Xunta de Goberno contan cun orzamento de 230.000 euros, cos que se segue a promover que "os concellos poidan traballar para impulsar actuacións en igualdade e loita contra as violencias machistas que sofren as mulleres", destacou a presidenta, Carmela Silva, "un eixo prioritario do Goberno provincial": 

Entre outras iniciaitvas, os concellos poderán desenvolver proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención, así como programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Comentarios