Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

A Deputación aproba axudas para os concellos de 220.000 euros para combater a violencia machista

Carmela Silva na presentación do plan de igualdade. CEDIDA
Carmela Silva na presentación do plan de igualdade. CEDIDA

"Para min este proxecto é de especial relevancia porque ten que ver coa igualdade", admitiu Carmela Silva

A aposta da Deputación provincial pola igualdade e por loitar contra a violencia machista materializouse con novas axudas que a presidenta da Deputación presentou este xoves. "Para min este proxecto é de especial relevancia porque ten que ver coa igualdade", admitiu Carmela Silva ante a prensa.

Apróbanse, así, unha serie de subvencións aos concellos de menos de vinte mil habitantes. A Deputación investirá un fondo de 220.000 euros na iniciativa, beneficiando aos 45 concellos provinciais solicitantes. Ambos colaborarán activamente "de cara a conseguir unha sociedade máis xusta", explicou. Financiaranse, principalmente: actividades de sensibilización, propostas das mesas locais, programas para a integración das víctimas de violencia de xénero, actuacións destinadas a mulleres en situación de vulnerabilidade e, finalmente, campañas dirixidas ao profesorado e ao alumnado pontevedrés.

No peche do acto Silva anunciou un segundo plan de axudas básicas de emerxencia para Moaña e Rodeiro de 17.300 euros.

A Deputación aproba axudas para os concellos de 220.000 euros para...
Comentarios