domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

A Deputación limpará dous arenais en apoio á campaña '1m² por praias e mares'

Carmela Silva, presidenta da Deputación. DP
Carmela Silva, presidenta da Deputación. DP
A institución provincial adhírese á iniciativa de Proxecto Libera e a FEMP coa recollida e clasificación de lixo en Area da Cruz e Nerga

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este vernes á adhesión da institución provincial á terceira edición da campaña 1m² por praias e mares, convocada polo Proxecto Libera en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). "É unha campaña para concienciar, para demostrar, para recoller datos e para poder tomar medidas e decisións de loita contra o dano que lle estamos facendo á nosa contorna natural", destacou.

En concreto, a Deputación porá en marcha dúas accións de recollida de lixo, o 26 de setembro na praia de Area da Cruz (O Grove), e o 3 de outubro na praia de Nerga (Cangas). Cada unha das actividades terán unha duración aproximada de dúas horas e os grupos estarán formados por un máximo de dez persoas, polas circunstancias derivadas da covid.

Carmela Silva explicou que a campaña se fai con persoas voluntarias e que, ademais de liberar a natureza de lixo, o obxectivo é tipificar e caracterizar o tipo de residuos que se atopan en cada punto de limpeza. Deste xeito, as e os participantes contarán cunha APP que lles axudará a introducir e compartir os resultados, que serán incorporados ás bases de datos do Ministerio e "servirán para buscar estratexias máis eficientes e efectivas para acabar con este grave problema ambiental". Para participar na campaña, as persoas voluntarias deberán cubrir un formulario de inscrición na web da Deputación e terán de prazo ata o 24 de setembro.

A presidenta provincial animou á xente a participar neste gran proxecto e instou "a facer un enorme esforzo de concienciación colectiva pero tamén individual". "Cada vez que deixamos o noso lixo na natureza", engadiu, "estamos facendo un dano terrible ao planeta, e todas e todos somos responsables de loitar contra isto".

O Proxecto Libera, iniciativa de SEO/BirdLife e Ecoembes, facilitaralles ás persoas voluntarias o material necesario para desenvolver a actividade: guantes, bolsas de distintas cores para segregar os residuos (azuis, amarelas, verdes e negras) e protección fronte ao impacto directo do sol.

A Deputación limpará dous arenais en apoio á campaña '1m² por...