A Deputación pecha o Museo Provincial e os seus centros

O ente provincial activa medidas para que os seus traballadores poidan acollerse a medidas de flexibilidade 

Museo de Pontevedra. ARCHIVO
photo_camera Museo de Pontevedra. ARCHIVO

O goberno da Deputación e Pontevedra anunciou nun comunicado a activación co que o protocolo para que o persoal da institución, salvo nos servizos esenciais, poida acollerse a medidas de flexibilidade horaria ou traballo remoto.

Deste xeito, pecharase o Museo Provincial, a Escola de Cantería, os Castelos de Soutomaior e Sobroso, e queda constituído o Comité de Seguimento no Centro Príncipe Felipe.

Ademais, instalaranse barreiras de seguridade en todas as dependencias provinciais de atención ao público para protexer ao persoal e á cidadanía.

Cancélanse, así, todas as actividades das 209 Deporte Escolas na provincia nas que participan máis de 10.000 nenas e nenos

Ante o peche dos centros escolares, a Deputación activou na tarde deste xoves un novo protocolo de actuación para que os traballadores da institución poidan acollerse a posibles medidas de flexibilidade laboral, reorganización de quendas ou traballo remoto, ao fin de minimizar o impacto nas familias. 

Estas medidas serán efectivas a partir do próximo luns, aínda que non serán aplicables nos Servizos Esenciais como é o caso de Príncipe Felipe, a fin de garantir o benestar dos nenos do Centro.

Comentarios