martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

A Deputación pon en marcha sete novos novos obradoiros online de SmartPeme

A semana comeza cunha actividade centrada nas palabras clave que axudan a posicionar os negocios en liña

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática

En concreto, este luns Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, imparte o obradoiro Estratexia de palabras clave para posicionar o teu negocio en liña. O martes, 20 de outubro, é a quenda de dúas novas accións: Cámara réflex: aprende a utilizar o modo manual en fotografía, a cargo de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, e Debuxo con Onshape, PartStudio IV, impartida polo experto universitario en robótica Manuel Freire.

O mércores, Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas, falará sobre Facebook Ads. Na xornada do xoves están previstos dous obradoiros: a diplomada en Ciencias Empresarias Esther Garciñuno desenvolverá Informes personalizados en Google Analytics e María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación Corporativa, impartirá a acción Introdución a Google Adwords.

Por último, o venres 23 levarase a cabo Creación e difusión dunha marca turística, a cargo de Mariana Rosa, graduada en Turismo e técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos.

A Deputación pon en marcha sete novos novos obradoiros online de...
Comentarios