A Deputación de Pontevedra crea un plan para o turismo no interior da provincia

A institución provincial impulsa os proxectos que presentará ao Goberno de España para mobilizar en torno a 3 millóns de euros en cada comarca, axudando así a fixar poboación, loitar contra a fenda dixital e impulsar a economía circular
Un momento da xuntanza. DEPO
photo_camera Un momento da xuntanza. DEPO

O deputado de Réxime Interior e Novas Tecnoloxías, Carlos Font, e a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, presentaron este luns aos concellos das comarcas do Condado-Paradanta e Deza-Tabeirós-Terra de Montes unha novidosa iniciativa para desenvolver Plans de Sostibilidade Turística nestas dúas áreas.

A Deputación pon "a súa experiencia de xestión" a disposición dos concellos destas comarcas do interior provincial para acadar un financiamento trianual que estaría en torno aos tres millóns de euros en cada un dos dous Plans de Sostibilidade previstos e permitiría, ademais, dotalos de ferramentas para afrontar os retos do rural, como a despoboación, a fenda dixital e a competitividade no novo marco de economía circular, mobilidade sostible e desenvolvemento inclusivo derivado da Axenda 2030.

A través de dúas xuntanzas telemáticas celebradas esta mañá presentouse a idea aos alcaldes, alcaldesas e concelleiros e anuncióuselles que xa se está a traballar na elaboración dun diagnóstico participativo multinivel (políticos, técnicos municipais, sector turístico local e cidadanía) para detectar as potencialidades e necesidades en cada municipio. A continuación redactaranse as memorias coas que se concorrerá á convocatoria que o Ministerio de Industria,

Comentarios