viernes. 13.12.2019 |
El tiempo
viernes. 13.12.2019
El tiempo

A Deputación repartirá 499.000 euros entre 102 entidades de iniciativa social

Carmela Silva. DAVID FREIRE
Carmela Silva. DAVID FREIRE
Os vindeiros luns e martes celebrarase en Pontevedra o IV Encontro Provincial pola Inclusión, cuxas prazas xa están cubertas

A Xunta de Goberno da Deputación aprobará o vindeiro martes a concesión de subvencións dirixidas á 102 entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude. A institución repartirá 499.000 euros entre estes colectivos radicados en 20 concellos e, segundo destacou a presidenta provincial, Carmela Silva, as subvencións foron adxudicadas "tendo en conta os principios de igualdade, transparencia, non discriminación e obxectividade".

Entre outros, os proxectos subvencionados inclúen programas de respiro familiar, bancos de alimentos, terapias para persoas maiores, obradoiros, actividades de orientación e apoio á mocidade LGTBI, programas de acollida e desenvolvemento persoal da muller, actividades para persoas con enfermidades mentais, cancro, esclerose, autismo ou artrite entre outras doenzas; iniciativas para a prevención do alcoholismo; pedagoxías para nenos e nenas con diferentes dificultades; obradoiros para a prevención da violencia de xénero entre a mocidade; orientación laboral; vivendas tuteladas, albergues ou proxectos de intervención socioeducativa. "Son proxectos que cobren as necesidades básicas da sociedade, en particular daqueles colectivos que están nunha situación de especial vulnerabilidade", dixo Silva.

ENCONTRO POLA INCLUSIÓN

A presidenta provincial tamén anunciou a celebración, os vindeiros luns e martes, do cuarto Encontro Provincial pola Inclusión. Silva dixo estar moi satisfeita porque se esgotaron todas las prazas ofertadas para participar na xornada técnica que terá lugar o día 28 e a convivencia prevista para o día 29.

Así mesmo, lembrou que na provincia hai 85.000 persoas con algunha diversidade funcional recoñecida, unha cifra que ascende a 225.000 en Galicia e que supera os tres millóns no conxunto do territorio español. "Este encontro pretende visibilizalos, darlles voz e poñer enriba da mesa as súas necesidades", subliñou.

A Deputación repartirá 499.000 euros entre 102 entidades de...
Comentarios