Detido por substraer ferramentas dunha obra en Baiona da que fora despedido recentemente

Dado que a fechadura da caseta non estaba forzada, a Garda Civil centrou as pescudas na contorna laboral da obra
El material sustraído y recuperado en Baiona. GUARDIA CIVIL
photo_camera O material recuperado en Baiona. GARDA CIVIL

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Gondomar, de 32 anos, como presunto autor do roubo dun lote de ferramentas dunha obra na que estivera traballando e da que fora despedido recentemente. Segundo informaron fontes do instituto armado, a investigación iniciouse cando un contratista denunciou a desaparición de varias ferramentas que estaban nunha caseta dunha obra en Baiona. 

Así, o construtor denunciou a falta dunha máquina de azulexar, un martelo percutor, un atornillador de batería e varios cubos de pintura de 15 litros. Dado que a fechadura da caseta non estaba forzada, a Garda Civil centrou as pescudas na contorna laboral da obra, e así chegou ao sospeitoso, que resultou ser un traballador que fora despedido recentemente da empresa de construción. 

Cando os axentes localizaron o home, este relatou que non subtraera as ferramentas, senón que as escondeu na propia obra para vingarse do empresario polo diñeiro que lle debía. Con todo, a Garda Civil puido comprobar que o sospeitoso levara as ferramentas á súa casa e que, ao saber que estaba sendo investigado, as devolvera para simular que estaban ocultas na obra desde o principio. 

Unha vez localizados e recuperados os efectos subtraídos, o home foi detido como presunto autor do roubo. Este veciño de Gondomar foi posto en liberdade após a instrución de dilixencias, á espera de presentarse cando sexa requirido ante a autoridade xudicial en Vigo. 

Comentarios