Un esforzo a prol dos manantiais

Pontevedra e Ribadumia foron dous dos concellos nos que ducias de voluntarios non dubidaron en sumarse á duodécima edición de 'Móllate polos Ríos'
Grupo que participou na limpeza do Umia. DP
photo_camera Grupo que participou na limpeza do Umia. DP

UNHA VEZ MÁIS, ducias de voluntarios responderon á chamada da Limpeza Simultánea Móllate polos Ríos, que se desenvolveu na xornada de este venres en 48 concellos de Galicia. No caso da provincia de Pontevedra, destacaron as actuacións que se desenvolveron na contorna do Gafos e do Umia, tarefas que estiveron coordinadas conxuntante pola Asociación Vaipolorío e a Fundación Juan XXIII na capital de provincia e o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) no concello de Ribadumia. A incesante choiva non restou afluenza a unha iniciativa que alcanzou a súa duodécima edición, na que, a nivel global, adoitan a tomar parte diferentes asociacións, Comunidades de Montes, agrupacións ecoloxigas, delegacións da Asodiación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e entidades vencelladas a centros de ensino. 

Na cidade do Lérez, os traballos realizados no río Gafos foron valorados positivamente polo presidente de Vaipolorío, Gonzalo Sancho, que explicou que á iniciativa acudiron 22 voluntarios. O seu esforzo servíu para retirar uns 120 quilos aproximadamente de lixo. Ademais, as tarefas non se limitaron exclusivamente ao manantial, senón que tamén se fixeron nos arredores. A actividade realizouse durante algo máis de dúas horas e media. 

O encontro servíu para retirar todo tipo de residuos das contornas do Gafos e do Umia

En canto aos residuos e restos retirados, o máximo responsable da agrupación pontevedresa recoñece que "atopámonos cousas que, por desgraza, son bastante habituais", aínda que tamén houbo espazo para a sorpresa. Restos de colchóns, un abrigo vello e outras prendas de roupa son parte do material retirado polos voluntarios que participaron en Móllate polos Ríos na capital pontevedresa. 

CITA NO SALNÉS. Pola súa banda, 16 persoas participaron na xornada de concienciación que se desenvolveu en Ribadumia. Segundo sinalou a presidenta do Colectivo Ecoloxista do Salnés, Marta Lois Silva, os traballos centráronse nun tramo aproximado de 500 metros, entre Ponte Arnelas, onte quedou fixado o punto de encontro, e a ponte de Santa María. 

Roupa, colchóns, envases de plástico e vidro, unha valla de obra ou un filtro de aceite dun vehículo, entre os achados máis sorprendentes

Cinco dos asistentes eran menores de idade. "Isto é algo meritorio, xa que a chuvia nos acompañou durante a recollida do lixo", sinalou a máxima responsable do CES. O grupo percorreu as dúas beiras do Umia, divididos en dous bloques. Tras preto de tres horas de actividade, finalmente foron retirados 250 envases (sobre todo de plástico e latas de refrescos), máis de 100 de papel e cartón, vidro e outros restos non reciclables. En canto a voluminosos ou tóxicos, os voluntarios acharon un neumático, unha valla de obra, louza e mesmo o filtro de aceite dun automóbil. 

Todo este particular botín foi depositado nos correspondentes contedores de recollida selectiva que existen na zona. A Concellería de Medio Ambiente de Ribadumia participou na iniciativa e foi quen asumíu a xestión dos residuos tóxicos e voluminosos, que foron trasladados ao Punto Limpo. Ademais, localizouse un punto de verquido de escombros con restos de ladrillos e uralitas, do que tamén se dou parte á Administración local, tal e como sinalan os máximos responsables do Colectivo Ecoloxista do Salnés. 

Comentarios