Esgotadas en media hora as prazas para a ruta ornitolóxica por San Simón

 A camiñada celebrarase o vindeiro día 14 e está organizada pola Deputación 
Imagen de una ruta similar realizada. DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera Imaxe dunha ruta similar. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

En cuestión de media hora, dende a apertura do prazo de inscrición para participar na ruta ornitolóxica Voando nas Rías Baixas pola Enseada de San Simón do próximo día 14, quedaron cubertas este martes a totalidade de 25 prazas ofertadas, cinco máis cas ofrecidas nas últimas andainas froito da eliminación das últimas restricións sanitarias.

A camiñada, gratuíta e organizada pola Deputación, terá lugar na Enseada de San Simón na ría de Vigo, onde as persoas participantes poderán coñecer a riqueza ornitolóxica desta zona e a importancia de preservar os espazos naturais protexidos.

A última das andainas celebrarase no mes de decembro polo Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa ou do Río Miñor o día 19, coas inscricións abertas desde o día 7 de decembro.

Comentarios