miércoles. 13.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 13.11.2019
El tiempo

A exposición 'Mulleres do Silencio' visibiliza ás artistas galegas

Rosario Sarmiento e Carmela Silva. DP
Rosario Sarmiento e Carmela Silva. DP
A publicación, editada pola Deputación e promovida pola comisaria da mostra, Rosario Sarmiento, será presentada os días 13 e 15 en Pontevedra e en Vigo

A Deputación presentará a próxima semana en Pontevedra e Vigo o catálogo 'Mulleres do Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz', baseado na exposición que tivo lugar no Museo Marco entre outubro de 2016 e abril de 2017 e na que se visibilizou a obra e a traxectoria de 19 artistas galegas vinculadas á pintura. Os actos de presentación desta publicación terán lugar o mércores 13 ás 19.00 horas no Palacete das Mendoza (na cidade capitalina) e o día 15 ás 18.00 horas na Biblioteca do Marco.

Como adianto, a presidenta provincial, Carmela Silva, compareceu este venres en rolda de prensa xunto a Rosario Sarmiento, comisaria da exposición e promotora do catálogo, e explicou que "o obxectivo é visibilizar o talento das mulleres artistas historicamente ocultas durante séculos, posto que a historia da arte foise construíndo cunha mirada masculina e obviando que as mulleres puidéramos participar activamente no mundo da cultura".

A Deputación editou xa mil exemplares e, tal como sinalou Silva, irase reeditando "pois queremos que cheguen a todas as casas e centros educativos da provincia". Rosario Sarmiento engadiu que o catálogo "recolle o espírito do que foi a exposición: a historia da arte das artistas galegas desde as pioneiras ata as primeiras mulleres que se formaron en Galicia na Facultade de Belas Artes".

Sarmiento subliñou tamén un dato revelador, que "as mulleres son o 70% do alumnado nas escolas de Belas Artes, pero cando estas rematan os seus estudos con brillantes cualificacións e chegan ao mundo profesional, só teñen o 30% dos espazos profesionais para poder desenvolver o seu traballo". Tamén quixo salientar que, deste xeito, é difícil que as mulleres "formen parte das direccións das grandes galerías, que son as que marcan as pautas do mercado, e mentres esa desigualade siga temos que continuar loitando".

A exposición 'Mulleres do Silencio' visibiliza ás artistas galegas
Comentarios