sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Ferido de consideración o condutor dun coche que caeu por un barranco na Cañiza

Imaxe de arquivo do helicóptero do 061. ADP
Imaxe de arquivo do helicóptero do 061. ADP
Un helicóptero medicalizado do 061 desprazouse ata o lugar do accidente para trasladar á vítima

Un home resultou ferido de consideración este mércores ao saírse da vía o coche que conducía no municipio pontevedrés da Cañiza. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17.45 horas deste martes no Lugar de Sendín, cando o turismo no que viaxaba a vítima saíuse da estrada e caeu por un barranco duns 15 metros. 

Até a zona desprazáronse integrantes da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros e GES de Ponteareas, así como un helicóptero medicalizado do 061 para trasladar á vítima. 

Ferido de consideración o condutor dun coche que caeu por un...
Comentarios