Lunes. 24.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 24.06.2019
El tiempo

Tres feridos nunha saída de vía en Ponteareas

O vehículo circulaba a primeira hora da madruguda deste domingo pola N-120

Tres persoas resultaron feridas este domingo após saírse da vía o vehículo no que viaxaban en Ponteareas.

Tal como informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu ao redor das 00.50 horas na nacional N-120 en sentido Cristiñade, e foron os servizos sanitarios os que contactaron co Centro Integrado de Atención a Emerxencias (CIAE).

Os xestores do CIAE 112 Galicia avisaron á Garda Civil de Tráfico, aos GES e aos Bombeiros de Ponteareas, á Policía Local e a Protección Civil.

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios atenderon ás persoas feridas, que foron trasladadas a un centro médico. 
 

Tres feridos nunha saída de vía en Ponteareas