martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Golpes e feridas seguen a ser as principais intervencións dos socorristas en Poio

undefined
Un dos socorristas so servizo municipal de Poio no transcurso dunha garda en Cabeceira. B. CÍSCAR
O Concello mantén durante o mes de setembro o servizo de vixiancia nos areais de Xiorto e Cabeceira ► O servizo de socorrismo de Sanxenxo realizou 5.402 intervencións este verán

Más emerxencias na praia, e máis intervencións dos servizos de Socorro. Ese é o resumo do mes de agosto en materia de seguridade nos areais con vixiancia do Concello de Poio.

O servizo de socorrismo habilitado en Xiorto, en Raxó, e Cabeceira, en Lourido, viu incrementada a súa actividade de xeito notable, segundo apunta o Concello, a causa principalmente da mellora das condicións meteorolóxicas con respecto a xullo. Isto, sumado á consecuente subida no número de visitantes (que en agosto acadou en termos de ocupación un 90% en todo o municipio) provocou que ambos areais rexistrasen unha maior afluencia de xente, o que tamén se traduciu en máis incidencias.

En total, os seis profesionais contratados durante estes meses polo Concello de Poio para velar pola seguridade dos e das bañistas tiveron que efectuar 176 actuacións fronte ás 59 rexistradas en todo o mes de xullo. A diferenza entre ambos meses foi superior ao 65%.

Esta cifra, ademais, é a máis alta dos últimos anos no que se refire ao mes de agosto. Como vén sendo habitual, o reparto de "traballo" dos socorristas é desigual, sendo a praia de Xiorto a que rexistrou un maior número de incidencias, cun total de 115, mentres que en Cabeceira chegaron ás 61.

O tratamento de feridas sufridas por persoas que se atopaban no areal de Xiorto, foi o principal motivo de demanda. Houbo que responder a este tipo de lesións máis de dúas veces ao día, como media, posto que se rexistraron 74 destas incidencias. Tamén destacaron os 15 cortes e as 16 picaduras de insectos atendidos.

Ademais, neste areal cinco persoas precisaron que lles tomaran a tensión e outras dúas tiveron que ser trasladadas en ambulancia a un centro sanitario ao sufrir sendas indisposicións.

Menos intervencións houbo en Cabeceira, que, aínda así, tamén rexistrou máis actividade para os socorristas que no mes de xullo. Neste caso, foron auxiliadas 32 persoas por sufrir feridas de distinta consideración, ademais de outras 14 por picaduras de insectos. Tratáronse, asemade, catro traumatismos e tamén houbo outros catro traslados en ambulancia.

O Concello apunta que o servizo de socorrismo permanece operativo ata finais de setembro. Como nos últimos anos, Poio mantivo a súa bandeira azul no areal de Cabeceira, pero optou por manter a vixía para garantir a seguridade dos e das bañistas tamén en Xiorto, outra das praias con máis bañistas.

Nesta temporada estival 14 dos 15 areais rexistrados oficialmente como zonas de baño acadaron o nivel de máxima excelencia no que á calidade da auga se refire. Tamén houbo unha mellora na do Laño, en Samieira, onde as análises realizadas no seu momento ofreceron un resultado de boa calidade, superando o suficiente do verán anterior.

O servizo de socorrismo de Sanxenxo realizou 5.402 intervencións este verán

Por outra banda, o servizo de socorrismo que traballa no Concello de Sanxenxo realizou un total de 5.402 intervencións desde o 26 de xuño ata o 31 de agosto nas 17 praias distinguidas coa bandeira azul no municipio. As feridas dos bañistas concentraron o maior número de atencións, 890, seguidas das picaduras de fanecas, 840, e de insectos, 194.

Pola mana_ sobre as 12_00 horas_ Sanxenxo_ Recorrido polos novos chiringuitos de Silgar e Baltar_ Vai Laura_ falade con ela para quedar_ 698 14 93 08_ Fotos a xente nos chiringuitos_ e aos socorristas_ Tamen un diario en la calle de tres ou catro pEn canto aos areais, Montalvo foi a praia que rexistrou un maior número de intervencións de socorristas, 951, seguida de  Silgar (811), Canelas (513) e Areas (422). As picaduras de fanecas son nestas catro a atención máis repetida con 148 casos, 133, 135 e 66, respectivamente.

As actuacións de prevención concentraron tamén gran parte dos esforzos dos servizos de socorro e sanitarios nas praias. Así se deron 939 avisos a bañistas por comportamentos que conlevaban un risco para a súa saúde, 1.118 avisos por incumprir o bando e 527, por imprudencias na navegación.

Durante estes 68 días realizáronse tamén 2 simulacros, atendéronse a 20 menores perdidos e a 4 adultos desorientados que necesitaron axuda para dar coa súa familia. Tamén se realizaron intervencións maiores que non requiriron traslado en ambulancias: 15 desmaios, 8 escordaduras ou  luxaciones, 7 feridas e 9 traumatismos.

En canto aos códigos vermellos, referentes a rescates marítimos, hai que destacar o remolque de 8 pedaletas, 5 padelsurf, 3 embarcacións, 5 evacuacións e unha colaboración con Salvamento Marítimo.

O servizo prolongouse durante este verán en todas os areais que gozan da bandeira azul ata este pasado luns 13 de setembro e continuará, de forma excepcional, ata o vindeiro domingo día 19, nas praias de Areas, Montalvo, Silgar e Canelas.

Golpes e feridas seguen a ser as principais intervencións dos...
Comentarios
ç