Un incendio deixa danos materiais nun local de hostalaría en Redondela

Varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar que escoitaron unha explosión no cadro de luces do establecemento
photo_camera Varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar que escoitaron unha explosión no cadro de luces do establecemento

Un incendio declarado nun establecemento hostaleiro no concello pontevedrés de Redondela provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, aínda que os equipos de extinción seguen traballando no punto, o incendio está controlado. Debido ás altas temperaturas alcanzadas, faise necesario actuar con precaución ata a completa extinción dos focos máis intensos.

Todo comezou ao fío das 16.30 horas cando varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar que escoitaron unha explosión no cadro de luces do local –situado á altura do número 1 da Rúa Santa Mariña- seguida dunha intensa fumareda.

A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros do Porriño e de Vigo. Ademais, por precaución, informouse tamén aos servizos sanitarios de urxencia.

Unha vez no lugar do incendio, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento trataron de sufocar o lume e seguen no lugar arrefriando as zonas máis afectadas.

Cómpre sinalar que os axentes da Policía Local, da Policía Nacional e os membros de Protección Civil da localidade tamén foron informados.

Comentarios