Intervidos case 150 litros de augardente de fabricación artesanal nun local das Neves

Ademais da augardente, a Benemérita incautou tamén 41 tapóns con precintas adheridas e 171 paquetes de tabaco sen autorización para ser distribuídos
Almacén no que a Garda Civil interviu 144 litros de augardente. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA
photo_camera Almacén no que a Garda Civil incautou 144 litros de augardente. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA

A Garda Civil incautouse de 144 litros de augardente de fabricación artesanal que se comercializaba dun modo fraudulento nun establecemento das Neves (Pontevedra) dado que non contaba con etiquetas nin marcas fiscais.

Tal e como recolleu a Benemérita nun comunicado, os feitos tiveron lugar durante unha inspección rutineira levada a cabo por efectivos do Posto Fiscal da Garda Civil de Tui nun local de alimentación que tamén dispón dun servizo hostaleiro. Os funcionarios localizaron nove garrafas con 16 litros de augardente cada unha no almacén. En concreto, sete dos envases contiñan augardente branca e, os outras dous, augardente de herbas. As garrafas estaban dispostas para ser distribuídas entre os clientes do bar, aínda que carecían das etiquetas e marcas fiscais determinadas pola lexislación vixente.

Así mesmo, xunto aos envases, atopouse unha caixa que contiña 41 tapóns con precintas fiscais adheridas, que, ao parecer, procedían de botellas de curso legal. Supostamente, unha vez que se transfería a augardente a estas botellas, utilizábanse estas precintas para simular que se trataba de bebidas destiladas legais e vendelas aos consumidores.

INCAUTACIÓN. Os gardas civís interviñeron os envases nos que se atopaban as bebidas alcohólicas, das que tomaron mostras, así como os tapóns que contiñan precintas fiscais adheridas. Como consecuencia, cursáronse denuncias administrativas por carecer de precintas fiscais e reutilizar aquelas das que se dispuña.

Ademais, levantouse unha acta-denuncia por unha suposta infracción da lei de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias debido ao risco que leva a falta de etiquetas comerciais dos produtos, o que impide coñecer á empresa responsable. Adicionalmente, durante o transcurso da actuación, interviñéronse 171 paquetes de tabaco que carecían da autorización correspondente para ser distribuídos.

Comentarios