lunes. 26.08.2019 |
El tiempo
lunes. 26.08.2019
El tiempo

Localizado morto na súa casa un veciño de Redondela tras días sen saber del

Rúa na que foi atopado o cadáver do home. TVG
Rúa na que foi atopado o cadáver do home. TVG

Todo apunta a que puido falecer por causas naturais

A Policía de Redondela localizou o cadáver sen vida dun home de 43 anos na súa casa de Chapela, segundo informou a Televisión de Galicia.

As primeiras pesquisas apuntan a que o home podería levar varios días morto. Foron os veciños do inmoble quen alertaron os servizos de urxencias despois de detectar un forte cheiro procedente da vivenda.

O home, natural de Murcia, levaba preto dun ano residindo na localidade pontevedresa. Todo apunta a que puido falecer por causas naturais.

Localizado morto na súa casa un veciño de Redondela tras días sen...
Comentarios