Máis de 30 entidades pontevedresas reciben axudas para actividades turísticas

Carmela Silva resaltou que estas subvencións contribúen "á profesionalización do sector na provincia"

Carmela Silva. TWITTER
photo_camera Carmela Silva. TWITTER

Un total de 31 entidades da provincia benefícianse este ano das axudas da Deputación para actividades de carácter turístico por un importe total de 130.000 euros. A presidenta da institución, Carmela Silva, resaltou que estas subvencións contribúen "a impulsar o fomento do turismo e á profesionalización do sector na provincia, facendo do destino Rías Baixas unha referencia a nivel global".

Na comarca de Pontevedra recibiranas dúas entidades: a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Poio) e a Fundación Camiño de Santiago.

Na comarca do Salnés benefícianse un total de sete entidades; no Morrazo a beneficiaria foi a Asociación Cultural Alfombras de Bueu; na comarca do Deza, hai dúas: a Asociación Amigos e Amigas do Museo Casa do Patrón e a Asociación Veciñal de Vilatuxe; e en Tabeirós-Terra de Montes os cartos irán para tres entidades.

Comentarios