Marín e Meaño acollerán test aleatorios de coronavirus a vindeira semana

Será convocada, a través dun SMS, a poboación con idades comprendidas entre os 30 e os 60 anos 
Una sanitaria realiza una PCR. EFE
photo_camera Unha sanitaria realiza unha PCR. EFE

O Sergas efectuará durante a vindeira semana sendos cribados preventivos de detección da covid 19 nos concellos de Marín e Meaño para continuar incidindo na deteccción do maior número posible de portadores asintomáticos e reducir así a cifra de contaxios.

As probas en Marín efectuaranse entre o martes e o sábado nun punto habilitado no aparcadoiro entre a Escola Naval e o Porto. O total de usuarios con Tarxeta Sanitaria nesta vila acada os 24.242 habitantes, pero o cribado de saliva efectuarase só entre a franxa de 30 a 65 anos, que suma 12.763 persoas.

O criterio para poder someterse ao test, ademais da idade, é que non sexan persoal de residencias, que non teñan un PCR positivo nos últimos tres meses e que dispoñan dun teléfono movil ao que poderlles enviar un SMS de citación e o resultado do seu cribado.

Un cadro de 14 profesionais, coordinados por un médico, será o encargado de levar adiante esta campaña.

No que atinxe ao Concello de Meaño, o cribado desenvolverase no centro de Atención Primaria o luns e o martes a partires das 15.30 horas tomando unha mostra nasofarínxea. 

A Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de entre 30 a 60 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.835 persoas.

Comentarios