jueves. 28.01.2021 |
El tiempo
jueves. 28.01.2021
El tiempo

Medio quilo de sardiñas por cabeza en Cerdedo

Sardiñada en Cerdedo. DP
Sardiñada en Cerdedo. DP

Preto de mil persoas reuníronse en torno á fogueira

San Xoán en Cerdedo. DPO San Xoán é unha festa popular por excelencia, pero no caso de Cerdedo é, como no de Poio, unha celebración patronal. Deste xeito, neste núcleo, preto de mil persoas reuníronse para as celebracións en torno da fogueira municipal. Nesta festa, a sardiñada ten un especial protagonismo. Este ano repartíronse ata 350 quilos de sardiñas asadas entre os 700 inscritos para a degustación, o que ofrece unha ración de medio kilo por comensal.

Na mesma degustación asáronse 450 quilos de churrasco. O ambiente non puido ser mellor, grazas, entre outras cousas, a que a cea foi trasladada ao pavillón de deportes para evitar as posibles inclemencias do tempo. Tamén en Arcade, Soutomaior, vibraron coa festa, neste caso acunha actuación para os máis pequenos ás 20.30 horas do espectáculo A gran barafunda. A actuación da orquestra América,S.L. tomou o relevo e prolongouse ata o acendido da fogueira e o espectáculo pirotécnico.

En Marín non faltaron as cacharelas, ou folións. A de Cantodarea contou con animación infantil e co acendido dun folión para os cativos. A máis grande das fogueiras tiña forma de furancho. En Vilaboa, ademais do San Xoán de Paredes, foi día para buscar as herbas da noite máxica. A Asociación de Mulleres de Vilaboa xuntou a 40 persoas para recollelas en Lago de Castiñeiras.

Medio quilo de sardiñas por cabeza en Cerdedo
Comentarios