Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa pasan ao nivel básico de restricións

Vilagarcía de Arousa estará baixo vixilancia especial ► A Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan  de Nadal para Galicia este martes
Un momento da reunión. SERGAS
photo_camera Un momento da reunión. SERGAS

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión deste martes, que os concellos de Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa pasen ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade. Tamén o fai Muxía.

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Moaña, descende ao nivel medio de restricións. Ademais do antedito, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou manter unha vixilancia especial en Verín e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia.

Pola súa banda, o concello de Rianxo entra no nivel máximo de restricións.

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Este martes a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan de Nadal para Galicia.

Comentarios