Seis meses de prisión e multa a dous encargados dun club de alterne de Ponteareas 

Os condenados non deron de alta na Seguridade Social a 25 traballadores

Exterior de la Audiencia de Pontevedra. ADP
photo_camera Exterior de la Audiencia de Pontevedra. ADP

A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra condenou a seis meses de prisión e multa a dous encargados dun club de alterne de Ponteareas por non dar de alta na Seguridade Social a 25 traballadores. 

O xuízo resolveuse mediante un acordo de conformidade. A Fiscalía pedía inicialmente para un deles a pena dun ano de prisión e para o outro dous anos, por senllos delitos contra os dereitos dos traballadores. 

En virtude do acordo os acusados recoñeceron a autoría dos feitos e aceptaron unha condena de seis meses de prisión e multa de máis de 40.000 euros. 

Segundo relata o escrito de acusación da Fiscalía, a Inspección de Traballo destapou este caso no ano 2013 nunha visita ao local na que detectou que tiñan ocupación laboral a un total de 25 traballadores aínda que só 6 estaban dados de alta e o resto atopábanse de forma irregular. 

Esta situación repetiuse nunha segunda inspección levada a cabo tres meses despois, cando se comprobou a existencia dos 15 novos empregados, só tres estaban a traballar de forma legal e o resto ou ben carecían de permiso de traballo ou non estaban dadas de alta. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.