Mil medios e unha soa voz para defendelas

A comarca de Pontevedra e os concellos lindeiros redoblaron esforzos por facer visible a repulsa á violencia contra a muller
Actos do 25-N en Poio. DP
photo_camera Actos do 25-N en Poio. DP

Zapatos vermellos, globos morados, bolboretas de cores e cartaces reivindicativos. Á comarca de Pontevedra e aos concellos aledaños non lles faltou de nada para aproveitar o último día hábil da semana do 25-N para reivindicar a fin da violencia contra as mulleres. As convocatorias oficiais para ler manifestos de repulsa sucedéronse en Cerdedo-Cotobade, Poio, A Lama, Barro, Vilaboa, Soutomaior, Moraña e Valga, entre outros concellos.

Pero as citas, en gran parte dos casos, tiñan tamén á infancia como protagonista, posto que os centros escolares non queren darlle á espalda a esta reivindicación. Na xornada deste venres puideron saír á rúa a clamar polo dereito das mulleres a non seren violentadas nin agredidas os nenos e nenas do CRA de Vilaboa, que ademais estaban de excursión en Pontevedra e sacaron as súas pancartas na céntrica Praza dos Músicos; mentres que en Barro foron os alumnos do colexio e do IES os que se reuniron na Praza do Concello para a lectura dun texto reivindicativo.

En Ponte Caldelas, a pérgola da Praza de España, un dos lugares máis céntricos, contou coa intervención realizada polos alumnos do CEIP Cordo Boullosa, con zapatos vermellos, mentras que os de todo o ciclo de ESO do IES cooperaron co Concello da Lama realizando bolboretas de cores, que simbolizan a cada unha das mulleres falecidas este ano por mor da acción violenta de parellas ou exparellas súas.

A véspera do 25-N encheuse de actos simbólicos e educativos na provincia

Na maioría dos municipios aínda quedan máis actos para desenvolver, como a andaina do Concello de Poio este domingo, os obradoiros con alumnos do CEIP A Lama sobre a igualdade, ou o encontro de participantes nos talleres de autocoidado de Vilaboa, o día 28.

Actos do 25-N en Poio
Actos do 25-N en Poio
Poio ► Recordo para as vítimas galegas
O Concello acolleu a concentración oficial do 25-N e a lectura do manifesto, con especial recordo para todas as vítimas desta lacra, en especial a Beatriz Lijó, de 47 anos, e Ana Vanesa Serén, de 44 anos, asasinadas este ano en Galicia.
Actos do 25-N en Sanxenxo
Actos do 25-N en Sanxenxo
Sanxenxo ► Arte contra o machismo
O Centro de Arte municipal co alumnado de Primaria e Secundaria colocou lazos na entrada da aula con diferentes mensaxes para visibilizar a loita en contra da violencia sobre as mulleres.
Actos do 25-N en Barro
Actos do 25-N en Barro
Barro ► Apoio dos centros escolares
Concelleiros e traballadores municipais, así como os e as integrantes da comunidade educativa realizaron un acto na Praza do Concello para reclamar o fin da lacra do machismo. O IES de Barro e CEIP Amor Ruibal colaboraron nesta cita.
Actos do 25-N en Cerdedo-Cotobade
Actos do 25-N en Cerdedo-Cotobade
Cerdedo-Cotobade ► Acto oficial e escolar
Neste concello alternáronse os actos oficiais presididos polo alcalde, Jorge Cubela, en Carballedo, e unha saída dos nenos e nenas co CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo con pancartas que se concentraron ante o consistorio cerdedés.
Actos do 25-N en Vilaboa
Actos do 25-N en Vilaboa
Vilaboa ► Manifesto no Consistorio
A concelleira de Igualdade, Carmen Gallego, foi a responsable de ler o manifesto contra a violencia sobre as mulleres na concentración oficial. Os actos do 25-N despediranse cunha festa para as participantes dos obradoiros de igualdade, o día 28.
Actos do 25-N en Vilaboa
Actos do 25-N en Vilaboa
Vilaboa ► Un CRA moi reivindicativo
O alumnado das cinco escolas do CRA de Vilaboa (Barciela, Bértola, Figueirido, Paredes, Pousada) elaboraron carteis contra a violencia machista e aproveitaron a súa visita ao Café Moderno de Pontevedra para manifestarse na praza dos músicos.
Actos do 25-N en A Lama
Actos do 25-N en A Lama
A Lama ► 52 bolboretas, unha por vítima
No Consistorio da Lama, representantes da Corporación e do CIM colocaron 52 bolboretas de papel, unha por cada vítima da lacra do machismo en España no que vai de ano. Os alumnos da ESO do IES Ponte Caldelas fixeron as figuriñas de papel.
Actos do 25-N en Ponte Caldelas
Actos do 25-N en Ponte Caldelas
Ponte Caldelas ► Calzado vermello na rúa
O alumnado do CEIP Cordo Boullosa realizou unha performance para concienciar sobre a problemática arredor da pérgola da Praza de España. A intervención baséase na proposta artística ideada en 2009 pola artista mexicana Elena Chauvet.
Actos do 25-N en Moraña
Actos do 25-N en Moraña
Moraña ► Globos biodegradables
Ademais do acto institucional co alcalde e a concelleira de área, os actos reivindicativos do 25N tamén incluiron a solta de globos biodegradables a cargo dos alumnos do CPI Plurilingüe Santa Lucía e a emisión de reportaxes sobre esta lacra social.

Comentarios